Feira Natural & Organic Products Europe


Detalles do Evento


O Craega participa na 24ª  edición de Natural & Organic Products Europe, unha feira profesional que reúne aos sectores adicados á produción e comercialización de produtos naturais e orgánicos para crear, desenvolver e asegurar os seus negocios. É unha feira clave no calendario de tendas independentes, maioristas e distribuidores de produtos saudables, supermercados e compradores múltiples. Cinco empresas do Consello confirmaron a súa participación: Mieles Anta, Pazo de Lusío, Produto de Aldea, Galletas Daveiga e Porto-MuíñosEsta acción conta co apoio do Igape, a Xunta, a UE e a marca turística de Galicia.