Curso teórico-práctico de elaboración de produtos lácteos

O Centro de Formación e Experimentación Agraria (CFEA) Pedro Murias -en Ribadeo- organiza varios obradoiros para adquirir coñecementos básicos sobre os procesos de transformación do leite. As sesións teóricas completaranse con prácticas para aprender a elaborar queixo das diferentes DOP, requeixo ou iogur. 

  • Onde: CFEA Pedro Murias – Agacal 
  • Calendario provisional:
CONTIDO DATA
Arzúa-Ulloa 14/10/2020
Tetilla 21/10/2020
San Simón da Costa 28/10/2020
Cebreiro e requeixo 04/11/2020
Burgos + iogur 11/11/2020