Curso online de produción ecolóxica para técnicos e profesionais do sector

Intereco, asociación sen ánimo de lucro que agrupa ás autoridades públicas de control da agricultura ecolóxica, organiza un curso de formación online dirixido a técnicos e profesionais do sector.  Impartido polos directores técnicos das diferentes entidades que conforman o colectivo e por expertos na materia, ao longo de seis módulos daranse a coñecer os requisitos que deben cumprir os operadores baixo a normativa de produción ecolóxica europea. 

  • Duración: 85 horas.
  • Modalidade: Online (accesible 24 h, sete días á semana).
  • Materiais: presentacións teóricas, supostos prácticos, cuestionarios de autoavaliación, lexislación para consulta.
  • A quen vai dirixido: Técnicos e profesionais do sector.
  • Módulos:

1. Introdución ao etiquetado. 20/04/2020

2. Producións vexetais. 21/04/2020

3. Insumos. 05/05/2020

4. Produtos transformados. 12/05/2020

5. Comercio exterior. 19/05/2020

6. Producións gandeiras-herbívoros. 26/05/2020

7. Producións gandeiras-monogástricos. 02/06/2020

  • Data: Abril-xuño 2020.
  • Inscrición: Ata o 6 de abril a través do correo eletrónico intereco@interecoweb.com.
  • Prezo módulo: 100 € (socios e operadores) e 150 € (non socios).
  • Prezo curso completo: 504 € (socios e operadores) e 630 € (non socios). 
  • Descargar cartel: Aquí.
  • Máis información: http://interecoweb.com/