A Oficina Agraria Comarcal de Betanzos (Consellería do Medio Rural) organiza o curso ‘Xestión empresarial dunha explotación hortícola ecolóxica’. Na actividade colabora a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
- A quen se dirixe: agricultores/as en activo e persoas con solicitude ou intención de incorporación á actividade agraria.
- Contidos: o plan empresarial; principios básicos de economía da empresa agraria; ferramentas para contabilidade; estratexias para mellorar ingresos e reducir custes; o dilema e a oportunidade da comercialización directa e as canles curtas; rendementos agardados e control de custes de produción, etc.
- Programa completo: https://bit.ly/34GB89i
- Cando: 5, 11 e 16 de novembro.
- Horario: de 09.00 a 14.00 h
- Onde: Aula Multimedia do Concello de Abegondo (https://goo.gl/maps/hnJnCczH1ET2DXUX7) e aula formativa de O Naranxo (O Naranxo, s/n – Abegondo).
- Formulario de inscrición: https://mediorural.xunta.gal/sites/default/files/temas/formacion/formacion-continua/Formulario_solicitude_de_asistentes.odt
-
Presentación de solicitudes: preferentemente a través da sede electrónica (https://bit.ly/33onvcZ) ou por correo electrónico (oac.seca.betanzos@xunta.gal, diego.miranda@marinasbetanzos.gal).