O Servizo de Industrias e Comercialización Alimentaria de Lugo organiza unha acción de formación profesional sobre etiquetado dos alimentos entre o 19 e o 20 de novembro.
- Onde: Salón de actos do edificio administrativo da Xunta en Lugo.
- Cando: 19 e 20 de novembro.
- A quen se dirixe: Persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos da agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e a cadea forestal-madeira. Tamén se admite aos que teñan expectativas de incorporarse a este sector, en particular mozos do medio rural galego.
- Horario: 17 a 20 h.
- Prazo de inscrición: Ata o 11 de outubro.
- Programa: Descargar.
- Solicitude: Descargar (presentar no rexistro do edificio da Xunta en Lugo ou a través da sede electrónica a través do procedemento PR004A)
- Máis información: 982 294 516.