Biocultura Madrid 2019

O Craega regresa o vindeiro novembro a Biocultura Madrid. Por cuarto ano consecutivo, o Consello volve a ter presenza na que está considerada unha das feiras máis importantes do Estado. A esta edición anotáronse 23 empresas certificadas: Tés Paporroibo, Bodega Luz de Estrelas (Manuel Céspedes Rodríguez), Mieles Anta, Celtaverde, Algas La PatronaBaronceli Agricultura Ecolóxica (Conservas do Támega), Cerveza Celebridade Galega (Cervexa Monte Rei), Jamones González, Producto de Aldea, Galician Brew, Galuriña, empanadas de algas, Gudi Eco Foods, BioAlacena (Mule System), Mirabel do Rosal / Alén do Val, The Bio Factory (A Factoría Ecolóxica), Sovoral Apicultura Orgánica, Camoco Foods By Belgosuc, Bubela Artesá, Cervexa Toupiña (Kalinka Lagazós), Palacio de Oriente (Conservas Antonio Alonso SA), Milhulloa, Dona Cobiña (Cobideza Sociedade Cooperativa) e Arqueixal.

Dirixida a profesionais e consumidores, a Asociación Vida Sana prevé desta vez a participación de 800 expositores e 74.500 visitantes. A feira celebra a súa 35ª edición.