Biocultura Barcelona 2020

Por cuarto ano consecutivo, o Craega estará en Biocultura Barcelona con estand agrupado. Promovida pola Asociación Vida Sana, a 27ª edición desta feira sectorial apraza a súa celebración ata o mes de setembro a causa do coronavirus.  Entre os días 24 e 27, reuniranse no Palau Sant Jordi máis de 700 expositores dedicados aos sectores da alimentación bio, cosmética ecolóxica, moda sostible, casa sa, benestar, eco-estilo de vida, turismo responsable, artesanías e ONGs.