Biocultura A Coruña 2020

A Asociación Vida Sana recala por segunda vez en Galicia con Biocultura. Do 28 de febreiro ao 1 de marzo, a feira bio máis importante de España chega a EXPOCoruña para amosar as novidades do sector ecolóxico. Ao igual que en 2018, o Craega contará con stand agrupado para que os seus operadores teñan ocasión de poñer os seus produtos ao alcance de visitantes profesionais e público xeral.

Segundo as cifras que manexa a organización, a convocatoria reunirá máis de 200 expositores e confía en superar os 13.000 asistentes.

Folleto completo nesta ligazón