fbpx
  • CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

A curva da agricultura eco en Galicia segue en ascenso (2): operadores

Nesta segunda entrega, analizamos polo miúdo a evolución no que atinxe ao número de operadores certificados en ecolóxico na nosa comunidade.

En canto á métrica do número de operadores, a liña continúa a ser ascendente, pois na actualidade o Craega conta con 1.506, o que supón unha medra do 12 % respecto do ano anterior, que tiña 1.350 inscritos.

En canto á comparativa coa última década, pasouse de 607 operadores aos 1.506 da actualidade, polo que o incremento dende aquela é do 148 %.

OPERADORES INSCRITOS: ELABORADORES E PRODUTORES

Nos inscritos hai que distinguir entre produtores e elaboradores. En canto aos primeiros, pasouse de 996 rexistrados en 2021 a 1.142 en 2022, é dicir, en datos porcentuais a medra foi do 15 % e do 133 % nos últimos 10 anos.

Pola súa banda, os elaboradores eran 354 en 2021 e en 2022 subiu a cifra ata 364, é dicir, un 3 %. Se nos imos a dez anos, o crecemento é de máis do 214 %.

Por provincias, igual que sucede coa superficie, a luguesa volve colocarse de primeira, con 536 inscritos, seguida de Pontevedra, con 447; A Coruña, con 301, e Ourense, con 222.

PRODUCIÓN

En canto ao tipo de actividade, nas catro provincias é a produción vexetal a maioritaria, e a cifra protagonízaa Ourense, pois pasou de 54 operadores en 2021 a 66 en 2022 (+22 %). Lugo mantén os 149, A Coruña aumenta de 112 a 114 e Pontevedra perde 4, pois de 134 queda en 128.

Os operadores eco que se dedican á produción animal ocupan o segundo posto na táboa nas provincias de Lugo, Ourense e A Coruña, con aumentos pronunciados nos tres casos, sobre todo Lugo, que pasa de 216 a 309 operadores, o que en termos porcentuais se traduce nun 43 %. Séguell de preto Ourense, que pasa de 70 a 97 (+38 %); A Coruña pola súa parte consegue 14 operadores máis (de 63 a 77, é dicir, sobe un 22 %) e, finalmente, Pontevedra acada unha discreta subida dun 7 %.

En terceiro lugar, cómpre salientar a acuicultura, actividade á que se dedica maioritariamente a provincia de Pontevedra, que rexistra neste exercicio 134 operadores dedicados a este labor, 2 máis ca o ano anterior.  

Un par de datos…

♦ En dez anos a listaxe de inscritos aumentou nun 148 %.

♦ Na produción animal Lugo sobe de 216 a 309 operadores, o que en termos porcentuais se traduce nun 43 %

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.