Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA)

A produción agraria ecolóxica ou biolóxica constitúe un método diferenciado de produción de alimentos, que é conveniente regular asegurando a transparencia en tódalas fases, tanto da mesma produción como da elaboración e comercialización.

C.R.A.E.GA. é o órgano encargado do control e certificación das produccións ecolóxicas en Galicia.

CRAEGA acreditado de ENAC Nº 78/C – PR152.

PRODUTOS A CERTIFICAR:

A: Vexetais e produtos vexetais non procesados, incluídas sementes e outro material reprodutivo vexetal (con certificación de grupo de operadores).

B: Animais e produtos animais non transformados.

C: Algas e produtos da acuicultura non transformados.

D: Produtos agrícolas transformados, incluídos os produtos da acuicultura, destinados ao consumo humano.

E: Pensos.

F: Viño.

G: Outros produtos: Cera de abella