fbpx
  • CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

Canto sabemos de agricultura eco?

Escoitamos falar moito sobre a agricultura ecolóxica, pero sabemos realmente ben en que consiste e en que se diferencia da convencional? Son o mesmo a agricultura eco, bio ou orgánica? Cales son os beneficios do seu consumo?

Neste artigo respondemos unha a unha a estas cuestións para lembrarvos unha vez máis que a agricultura ecolóxica non só é o futuro, senón que ten que ser o presente.

1. Cales son as características da agricultura ecolóxica?

A agricultura ecolóxica, tamén chamada ‘orgánica’ ou ‘biolóxica’, é un sistema de xestión agraria de produción baseado na premisa de obter alimentos de máxima calidade, máis naturais, saudables e nutritivos sen usar produtos químicos de síntese nin organismos modificados xeneticamente.

Por iso, este tipo de produción tende a ter un impacto ambiental mínimo, xa que os produtos foron producidos e elaborados segundo a normativa europea da agricultura ecolóxica, estando controlados en todo o seu proceso, cultivo, elaboración, envasado, comercialización…

Lembra…

♦ Na produción vexetal utilízanse prácticas e técnicas agronómicas, biolóxicas e mecánicas, tanto innovadoras como tradicionais, que evitan a contaminación do ambiente e aumentan a fertilidade e a actividade biolóxica do chan.

♦ Na produción animal, a gandería ecolóxica garante o máximo nivel de benestar animal e o respecto dos ciclos biolóxicos dos animais.

2. Que procura a agricultura ecolóxica?

A agricultura ecolóxica é un método de produción cuxo obxectivo é obter alimentos utilizando substancias e procesos naturais. 

Por iso, tende a ter un impacto ambiental limitado, xa que promove:

  •  O uso responsable da enerxía e os recursos naturais
  •   O mantemento da biodiversidade; a conservación dos equilibrios ecolóxicos rexionais
  •   A mellora da fertilidade do chan
  •   O mantemento da calidade da auga.

Ademais, as normas da agricultura ecolóxica perseguen un alto nivel de benestar animal e esixen dos agricultores que respecten os hábitos de conduta específicos dos animais. Pola súa concepción, a normativa da Unión Europea en materia de agricultura ecolóxica proporciona unha estrutura ben definida para obter produtos ecolóxicos en toda a UE. A meta é satisfacer a demanda de produtos ecolóxicos fiables que emana dos consumidores e garantir, simultaneamente, un mercado equitativo para os produtores, distribuidores e comercializadores.

 

3. O importante é a saúde… a túa e a do medio ambiente!

A saúde dos consumidores de produtos procedentes da agricultura ecolóxica está asegurada. Non se utilizan productos químicos de síntesis nin sementes transxénicas, con todo o que iso leva.

Pero, ademais, achega numerosos beneficios ao medio ambiente:

  • Mantén os hábitats dos animais silvestres, loitando en favor das especies en perigo de extinción e as que están a piques de selo.
  • Frea a desertificación ao fertilizar a terra. Fomenta a biodiversidade.
  • Pon o seu gran de area para a descontaminación da auga, o aire, o chan, a fauna e a flora.
  • Axuda á retención da auga e non é contaminante para os acuíferos.

 

Seis motivos para consumir agricultura eco 

1. Respecta o medio ambiente. Xa cho contamos, pero insistimos! O seu respecto cara ao medio ambiente é o que a fai especial e, polo tanto, unha das súas principais vantaxes.

2. Permite a produción ecolóxica dos alimentos que a sociedade necesita. Nin máis nin menos. Un dos problemas doutros tipos de agricultura é que producen máis alimento do que realmente necesitamos, polo que moitos se terminan refugando. 

3. Fomenta unha alimentación máis sa. Consumir produtos ecolóxicos é consumir saúde e benestar. Unha alimentación ecolóxica é moito máis beneficiosa para o noso organismo. 

4. Contribúe á saúde do chan. A agricultura ecolóxica respecta os tempos do chan e deixa de producir neles cando requiren un descanso. Ademais, as prácticas de cultivo natural, nas que non se empregan pesticidas nin químicos, favorecen a prosperidade de chans sans. 

5. Fomenta o benestar dos animais. Ademais de ser beneficiosa para o ser humano e para o planeta, tamén o é para os animais. O motivo é que permite preservar áreas de hábitat natural e que moitas aves e outros animais decidan quedar a vivir en cultivos ecolóxicos. Isto, á súa vez, axuda coa desaparición das pragas.

6. Xera biodiversidade. A agricultura ecolóxica fomenta que esa biodiversidade sexa elevada, o que aumenta a resistencia dos campos a enfermidades.

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.