fbpx
  • CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

Aberto o prazo de solicitude das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas

 

Co obxectivo de mellorar a competitividade das empresas galegas, o Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 53) publicou as convocatorias de axudas a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas 2022), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. O prazo de solicitude destas subvencións rematará o 26 de maio de 2022.

GALICIA EXPORTA EMPRESAS 2022

Diríxese a pemes con centro de traballo en Galicia, con polo menos 3 traballadores e serve para subvencionar actuacións de:

  • Campañas publicitarias no estranxeiro.
  • Elaboración de material promocional para a súa difusión en mercados exteriores.
  • Participación como expositor en feiras internacionais.
  • Visitas á sede da empresa en Galicia de clientes, importadores, distribuidores, medios de comunicación etc. do estranxeiro.
  • Actuacións de prospección no exterior (axendas de reunións, desenvolvemento de clientes, análise da competencia, seguimento de contactos, implantación promocional).
  • Xestión de acordos comerciais internacionais, certificacións, rexistros de marcas e patentes no estranxeiro.
  • Seguro de crédito á exportación.

Máis información

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.