Vantaxes da Certificación Ecolóxica

A certificación ecolóxica garante que os produtos foron elaborados e producidos segundo as normas da agricultura ecolóxica, e que estiveron controlados en todo o seu proceso, elaboración, envasado e comercialización.

Para conseguir a certificación do CRAEGA, o operador debe estar inscrito no rexistro correspondente. Para formalizar esta inscrición, presentarase a solicitude de certificación, xunto co seu anexo correspondente.

Recibida esta documentación no CRAEGA, e verificando que sexa correcta, realízase unha visita de control, na que o técnico do CRAEGA levantará unha acta e posteriormente redactará un informe, que se enviará ao Comité de Certificación xunto coa documentación requirida. O Comité de Certificación emitirá un dictame e, no caso de ser favorable, formalizaráse a inscrición nos rexistros do CRAEGA.

A Certificación da Produción será responsabilidade do Comité de Certificación e da Dirección Técnica.

No taboleiro de anuncios do CRAEGA, sito nas nosas instalacións, e na nosa web, figura exposto ao público o Procedemento POC-04 para o Procedimiento de Certificación e Control . Desta forma está dispoñible ao público a documentación detallada do sistema de certificación do CRAEGA. Ademáis, no mesmo taboleiro de anuncios está exposto ao público o Capítulo 9 do Manual de Calidade que se refire a: “recursos, reclamacións e litixios, xunto cos seus formatos correspondentes”.

Producindo en ecolóxico temos a ventaxa de preservar a fertilidade do chan debido a que non temos unha explotación excesiva, nin utilizamos abonos químicos, ademais a rotación dos cultivos impide a aparición de pragas e a disminución de certos nutrientes do chan.

Producese unha disminución do coste enerxético medioambiental, en contrapartida coa agricultura tradicional, e tamén autosuficiente, e contribuye ao aumento da biodiversidad, e garantiza un desenrolo sosteible e influye na saude do consumidor.

A gandeiría ecolóxica ten por obxectivo obter alimentos sanos de calidade, mediante a utilzación optima e recional dos recursos, respetando o medio ambiente, o bienestar animal e sen empregar sustancias químicas de sintesis. A gandería ecolóxica está ligada a terra, e os animais se desenrolan nun espazo aberto e de xeito natural.