Qué é a produción ecolóxica?

É un sistema de produción que busca conseguir alimentos da máxima calidade.

Cómo?

  1. Respectando o medio ambiente
  2. Conservando a fertilidade do solo.

Mediante

  1. A utilización óptima dos recursos.
  2. Sen o uso de productos químicos de síntese.

Por qué é interesante para o agricultor?

A agricultura ecolóxica presenta una serie de vantaxes que a fan dun gran interese para o agricultor/produtor:

  • Ofrécelle aos consumidores e a sí mesmo un producto san e de máxima calidade.
  • Vivir e traballar nun ambiente sen contaminación e máis equilibrado, sen os riscos de toxicidade que lle pode acarrear a agricultura convencional e sen esquilmar os recursos naturais, o que lle asegura a utilización dos mesmos tanto a el coma ás futuras xeracións.
  • Atender a crecente e imparable demanda de productos ecolóxicos, tanto nos mercados máis inmediatos como no conxunto do mercado mundial, xa que son máis valorados e normalmente mellor pagados que os productos convencionais.

Por qué é interesante para o consumidor?

As vantaxes que ten para o consumidor mercar produtos ecolóxicos son:

  • Asegurarse de que está a consumir os produtos máis saudables, nutritivos e satisfactorios polas súas cualidades organolépticas.
  • Contribuir coa súa demanda a fomentar uns sistemas produtivos que axudan a manter este mundo como un lugar máis amigable, máis fermoso e, por riba de todo, máis habitable.