Agricultura ecolóxica

  

 

É un sistema de produción que busca conseguir alimentos da máxima calidade.

Cómo?

  1. Respectando o medio ambiente
  2. Conservando a fertilidade do solo.

Mediante

  1. A utilización óptima dos recursos.
  2. Sen o uso de productos químicos de síntese.

Por qué é interesante para o Labrego?

A agricultura ecolóxica presenta una serie de ventaxas que a fan dun gran interese para o Labrego:

 

  1. Ofrécelle aos consumidores e a sí mesmo un producto san e de máxima calidade.
  2. Vivir e traballar nun ambiente sen contaminación e máis equilibrado, sen os riscos de toxicidade que lle pode acarrear a agricultura convencional e sen esquilmar os recursos naturais, o que lle asegura a utilización dos mesmos tanto a el coma ás futuras xeracións.
  3. Atender a crecente e imparable demanda de productos ecolóxicos, tanto nos mercados máis inmediatos como no conxunto do mercado mundial, xa que son máis valorados e normalmente mellor pagados que os productos convencionais.

Por qué é interesante para o consumidor?

As ventaxas que ten para o consumidor mercar produtos ecolóxicos son:

    • Asegurarse de que está a consumir os produtos máis saudables, nutritivos e satisfactorios polas súas cualidades organolépticas.
    • Contribuir coa súa demanda a fomentar uns sistemas produtivos que axudan a manter este mundo como un lugar máis amigable, máis fermoso e, por riba de todo, máis habitable.

     

CONSELLO REGULADOR DE AGRICULTURA ECOLÓXICA DE GALICIA
Ronda Emilia Casas Bahamonde, s/n (Edificio Multiusos)
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf: 982 405 300 - Fax: 982 416 530
craega@craega.es