Arquivos da etiqueta: internacionalización

Axudas para a promoción exterior das empresas galegas

O Instituto Galego de Promoción Económica vén de convocar as axudas para a promoción exterior de empresas galegas (Galicia Exporta Empresas). Das subvencións poderán beneficiarse as compañías que cumpran os seguintes requisitos: pemes; que teñan algún centro de traballo radicado na comunidade; que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización e que estean ao día nas obrigas tributarias. 

Cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, as axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e pretenden incentivar a realización de accións de promoción no exterior. Para 2020, o importe dispoñible para esta convocatoria ascende a 1,2 millones de euros. No exercicio seguinte o importe chega aos 5,8 millóns. 

O prazo de presentación de solicitudes é de dous meses a partir do 30 de xaneiro. 

Ligazón axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200129/AnuncioO92-090120-0003_gl.html

Promoción exterior: bolseiros do Igape visitan dúas empresas do Craega

O xerente e fundador de Meles Anta, David Corral, explica aos bolseiros do Igape como funciona a empresa

Un grupo de bolseiros de internacionalización do Igape visitou este martes a dous operadores do Craega para coñecer de primeira man como funciona a produción ecolóxica no mercado exterior. No almacén de distribución que Mel da Anta posúe no polígono da Grela (A Coruña) o seu xerente e tamén fundador, David Corral, explicoulles que o 40% da súa facturación corresponde a ‘eco’. O seu principal mercado atópase precisamente fóra. Especializada en comercialización de algas, Porto-muíños tamén ten o seu forte no exterior. A súa responsable de exportación, Bibiana Canosa, trasladoulles aos mozos que o 20% do seu produto véndese noutros países, sobre todo en Alemaña, Italia e Francia.