Arquivos da etiqueta: #Entrevista

“Converterme na primeira muller española en lograr participar en seis Xogos é algo do que me sinto moi orgullosa”

Teresa Portela Rivas, máis coñecida como Teri Portela, é graduada en Fisioterapia e diplomada en Maxisterio, e coñecida a nivel mundial pola súa brillante carreira como piragüista, deporte no que compite na modalidade de augas tranquilas.

Ademais de todas as medallas que gañou en campionatos do Mundo e de Europa, o seu esforzo e constancia levárona a ser a primeira española na súa categoría en participar en seis Xogos Olímpicos entre os anos 2000 e 2021, nos que disputou seis finais.

A subcampioa olímpica, que formou parte do grupo de participantes na 1.ª edición das Ecoexperiencias do Craega en dúas ocasións (Ourense e A Coruña), concedeunos esta entrevista na que nos relata como é día a día dunha deportista de elite.

Entrevista completa publicada na Revista 59