fbpx
  • CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

Xa está en marcha a cuarta edición dos Premios TalentA

Corteva Agriscience e a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais en España (Fademur) poñen en marcha a cuarta edición dos Premios TalentA. O obxectivo destes premios é potenciar o talento e o emprendemento das mulleres no rural, detectando as potencialidades que ofrece o territorio e dinamizando a economía local. O prazo de presentación está aberto ata o 31 de xaneiro, inclusive.

Cabe lembrar que en pasadas edicións, emprendedoras que forman parte do Craega foron galardoadas nestes premios. En concreto, no ano 2021 María José Tallón, da firma silledense (Pontevedra) Trasdeza Natur, obtivo un dos premios finalistas e no ano 2022, Marta Álvarez e Ana Corredoira, coa súa firma de leite Sen Máis tamén obtiveron un dos recoñecementos.

CATEGORÍAS DOS PREMIOS

Debido á participación da Cátedra Corteva en Agricultura Dixital e Sustentabilidade da Universidade de Sevilla, inclúese unha nova categoría para apoiar a mulleres universitarias que teñan un proxecto agroalimentario innovador para desenvolver nunha zona rural. A esta categoría optarán aqueles programas que procedan de calquera ámbito universitario de España, que sexan procedentes de calquera tipo de modalidade académica, sempre que estean vinculados e teñan un impacto positivo no sector agrario ou agroalimentario, ou que necesiten de apoio externo para lograr desenvolverse e que a súa finalidade sexa achegar un valor ao desenvolvemento da muller no espazo rural.

Dentro da categoría Muller Rural Emprendedora, poderanse presentar mulleres rurais emprendedoras con proxectos do sector agrario ou agroalimentario, desenvolvidos no ámbito rural, que estean situados en áreas rurais de non máis de 20.000 habitantes, que se atopen nunha fase inicial de preparación e planificación ou que xa foran postos en marcha en espazos rurais e que queiran iniciar unha nova liña de negocio ou mellorar a que teñen.

Na súa páxina web podedes consultar máis información e toda a documentación precisa para presentar o proxecto.

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.