fbpx
  • CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

O selo ecolóxico galego volve a Biofach

O Craega viaxou un ano máis á cidade alemá de Nüremberg, para participar no grande acontecemento ecolóxico do ano a nivel mundial, Biofach, que se levou a cabo entre os días 14 e 17 de febreiro.

Un total de 2.765 expositores presentaron os seus produtos ante os 36.000 visitantes profesionais de 135 países, unhas cifras que non deixan lugar a dúbidas da magnitude deste encontro.

A feira é a oportunidade perfecta para que os visitantes coñezan os produtores ecolóxicos e estean ao día das últimas tendencias do sector. O seu programa, como xa é habitual, estivo repleto de seminarios, workshops e conferencias sobre a produción e o mercado de produtos ecolóxicos, promovendo a creación de redes e a interacción profesional.

Baixo o paraugas do Craega, o sector ecolóxico galego estivo representado este ano por Camoco Foods dando a coñecer os seus azucres naturais e concentrados de froitas, Porto-Muíños, que levou á feira as súas “verduras do mar”, e Conservas Ortiz, coa súa liña de conservas eco. Con esta edición, o Consello leva 23 anos apoiando a presenza dos operadores ecolóxicos galegos na feira orgánica máis importante de Europa e favorecendo así a súa inserción no mercado ecolóxico europeo.

⇒Biofach celebrará o seu trixésimo cuarta edición do 13 ao 16 de febreiro de 2024.

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.