fbpx
  • CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

O Rosal celebra un taller sobre a comercialización de produtos de horta ecolóxica

A Consellería de Medio Rural, a través de Agacal, en colaboración co Craega, organiza un novo curso de produción ecolóxica, nesta ocasión centrado na comercialización de produtos de horta ecolóxica, que terá lugar o 7 de outubro no Espazo de autoarranxo no Concello do Rosal.

A xornada estenderase todo o día: pola mañá, a partir das 9:00 horas, trataranse temas como a situación do mercado do produto de horta ecolóxica, o novo regulamento e a comunicación ambiental de produtos ecolóxicos; a sesión matutina finalizará cun coloquio para todos os asistentes.  Pola tarde, a partir das 16:00 horas, levarase a cabo unha visita práctica.

As solicitudes poden enviarse a clientes@sinerxia.es.

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.