fbpx
  • CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

ANUNCIO de oferta de emprego para cubrir prazas de auditor

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) anuncia a convocatoria de prazas de auditor para órgano de control e

DISPÓN:

Primeiro.

Anunciar a convocatoria para cubrir postos de auditor para toda Galicia; centros de traballo en Lugo, Monforte de Lemos e Vilanova de Arousa.

Segundo.

Terán acceso a cubrir a praza titulados superiores, técnicos ou graduados en ciencias, preferentemente referidos á produción e transformación de alimentos. Valorarase experiencia en certificación de produto ecolóxico ou alimentario.

Terceiro.

O currículo poderá remitirse, no prazo de dez días desde a publicación deste anuncio, por correo electrónico a seleccion@craega.es (Non se atenderán consultas telefónicas relacionadas).

Anuncio DOG num.80, 26 de abril de 2023

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.