fbpx
  • CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

O Craega organiza ‘on-line’ a Semana do Vacún Ecolóxico de Carne

Na semana do 23 ao 27 de agosto terán lugar unha serie de relatorios sobre o sector vacún de carne ecolóxico, organizados polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica (Craega).

Os relatorios comezarán diariamente ás 20:00 horas e poderán seguirse a través da canle de YouTube do Craega. Despois de cada un deles, os espectadores terán oportunidade de facer preguntas e reflexións aos relatores en directo.

O obxectivo desta actividade é promover o consumo da carne ecolóxica, dando a coñecer as súas características singulares, de calidade e de reporte saudable, coas máximas garantías e beneficio para o medio rural e o medio ambiente galegos.

En Galicia hai 158 produtores de carne ecolóxica e 5.826 cabezas, cun valor económico de produto comercializado no ano 2020 de 2.223.693 €, datos que poden alcanzar cifras aínda máis elevadas con este impulso e posta en valor do sector.

RESUMO DO PROGRAMA

  • Luns 23 de agosto: Enrique Gutiérrez, veterinario e gandeiro, un dos primeiros produtores inscritos no Craega, amosará a súa experiencia no manexo da gandería ecolóxica.
  • Martes 24 de agosto: Cayetana Pena, dietista-nutricionista con máis de doce anos de experiencia, centrarase nos beneficios para a saúde da carne ecolóxica.
  • Mércores 25 de agosto: Isabel Blanco, doutora en Veterinaria e membro do Grupo de Expertos da Unión Europea en produción ecolóxica, e Javier Álvarez, doutor enxeñeiro agrónomo. Falarán de como afecta o medio ambiente á produción de vacún en ecolóxico.
  • Xoves 26 de agosto: Héctor López, chef do Restaurante España (Lugo) e pertencente ao Grupo Nove, que xa colaborou promovendo os produtos ecolóxicos galegos en diferentes campañas, como un showcooking na feira Biofach en Núrenberg, a feira máis importante a nivel mundial de alimentación ecolóxica. Elaborará unha receita con xata ecolóxica.
  • Venres 27 de agosto: Manuel Cruz, director dos programas da Televisión de Galicia O Agro e Labranza, reflexionará sobre a produción ecolóxica galega e os cambios que foi percibindo na última década.

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.