fbpx
  • CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

O Craega garante a atención ao operador durante o estado de alarma pola COVID-19

Ante a excepcional situación derivada da pandemia da Covid-19 e para garantir o cumprimento do Real Decreto 463/2020 e a súa modificación posterior, o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) fai fincapé no seguinte:

    • Atención ao público só por teléfono ou e-mail. As oficinas do Craega en Monforte de Lemos continúan en funcionamento, pero sen atención ao público presencial. As consultas que poidan xurdir durante o estado de alarma resolveranse por vía telemática (craega@craega.es) ou telefónica (982405300).

    • Información do Ministerio. Piar fundamental da cadea de abastecemento alimentario, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación garante a actividade da produción agrícola, gandeira e acuícola durante o estado de alarma. Na seguinte ligazón é posible solventar algunhas das dúbidas que xorden no seo do sector a raíz do estado de alarma: https://bit.ly/2UpwgPg

    • Información da Xunta. Pola súa banda, a Consellería do Medio Rural tamén elaborou unha lista de   preguntas frecuentes para aclarar cuestións relacionadas con novos prazos de axudas, protocolos específicos nas granxas, etc. Para consultar a información, picar aquí: https://bit.ly/2xV9Yxm. Así mesmo, publicou unha serie de recomendacións para que o agro galego saiba como proceder durante a emerxencia sanitaria: https://bit.ly/3a8IDps

    Agradecemos a súa comprensión e confiamos en que coa colaboración de todos esta situación se supere o antes posible. 

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.