fbpx
  • CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

Estreámonos en Tik Tok!

É innegable que TikTok experimentou un grande éxito nos últimos anos, especialmente entre os usuarios máis novos, que é onde a rede social ten o seu nicho predilecto. Na actualidade, a popular rede social  é a sétima plataforma máis utilizada en todo o mundo e mantén un bo nivel de crecemento que lle augura un futuro bastante próspero.

Desde o Craega non queriamos quedarnos atrás e xa temos dispoñible o noso perfil! Non perdades de visitarnos para coñecer o contido que ofreceremos. Será unha xanela máis para dar a coñecer os nosos operadores e, sobre todo, o noso traballo. Trataremos de ofrecervos un contido informativo, á vez que orixinal para que vexades, de primeira man, o noso labor.

Aquí podedes ver o noso perfil. Búscanos e síguenos!

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.