fbpx
  • CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

A Xunta estuda vías de colaboración coa Asociación Italiana de Agricultura Ecolóxica

A Xunta avalía posibles vías de colaboración coa Asociación Italiana de Agricultura Biolóxica (AIAB) para fomentar de xeito conxunto este tipo de producións ecolóxicas, así como para intercambiar coñecementos e experiencias ao respecto. Este foi o principal motivo do encontro de traballo mantido en Roma polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos, e os máximos responsables deste colectivo, encabezados polo seu presidente, Giuseppe Romano.

A xuntanza serviu para avanzar en liñas de cooperación vinculadas á protección e á promoción das variedades autóctonas, ás canais curtas de comercialización ou á formación, entre outras. Con respecto á formación, ambos os responsables coincidiron en cualificar este eido como clave no emprendemento agrario, cara a fomentar a remuda xeracional no medio rural. Outro aspecto tratado na reunión foi o do uso da terra. En relación a isto, o representante da Agacal resumiu os principais obxectivos da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, que xa se está a aplicar na comunidade a través de mecanismos como as aldeas modelo, os polígonos agroforestais ou as agrupacións de xestión conxunta. 

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.