Xornada técnica sobre fruticultura e castes autóctonas de froiteiras no CFEA de Monforte

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Monforte de Lemos organiza en colaboración co Craega unha Xornada técnica sobre fruticultura e castes autóctonas de froiteiras. A actividade está dirixida a persoas vencelladas -ou con expectativa de facelo- aos sectores produtivos da agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector froiteiro.

  • Onde: CFEA Monforte de Lemos. 
  • Cando: 4 de novembro. 
  • Solicitude: Ata o 30 de outubro ás 14 h.
  • Como tramitar a inscrición: Remitir o impreso cuberto a ceca.monforte@edu.xunta.es. Descargar folla de inscrición
  • Prezo: Gratuíto. Entrégase certificado de asistencia.
  • Programa completo: Descargar.
  • Máis información: 982 88 91 03