A Oficina Agraria Comarcal (OAC) de Meira, en colaboración coa Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza a xornada formativa ‘Sistemas de pastoreo: libre, racionado, PRV, holístico, UAD…’
- Onde: Casa de Cultura de Meira.
- Cando: 4 de novembro (presencial) | 24 de novembro (online) | 26 de novembro (visita práctica).
- Horario: 11.30-14 h | 15.30-18-30 h
- Contidos: principios básicos (herba, vaca, pastoreo) e descrición dos distintos sistemas. Visita a unha granxa de pastoreo en Guitiriz.
- Prezo: gratuíto (prazas limitadas).
- Carteis: presencial e semipresencial.
- Formulario de inscrición: https://bit.ly/2SSSJnB (remitir cuberto a oac.seca.meira@xunta.es ou entregar presencialmente na oficina antes dos días 3 -presencial- e 23 de novembro -online-).
- Máis información: 982870513