Bases legais do sorteo ‘Cal é o teu disfraz ecolóxico favorito?’

O Entroido enche de cor todas as rúas e aldeas de Galicia. É unha das festas máis esperadas do ano porque serve para despedir o inverno con alegría, diversión e cumios gastronómicos con sabor a cocido, orellas, filloas e un longo etcétera. Por fortuna, cada vez adquire un ton máis ecolóxico e os disfraces confeccionados con material de refugallo (roupa vella, caixas de cartón, revistas vellas, bolsas de plástico usadas…) van gañando terreo.

No Craega sabemos que vos gusta coidar o medio ambiente e queremos que esa conciencia ecolóxica teña premio. Por iso sorteamos unha cesta de produtos certificados polo Consello entre os que proben sorte na promoción ‘Cal é o teu disfraz ecolóxico favorito?’ Para participar só tes que entrar na nosa páxina de Facebook e responder a esa pregunta. Bases legais:

A participación nesta promoción implica o coñecemento e a aceptación das presentes bases e condicións. Calquera violación das mesmas ou dos procedementos e sistemas aquí establecidos para a realización do presente sorteo implicará a inmediata exclusión das mesmas e/ou revocación dos premios.

1. Compañía organizadora. O organizador desta promoción é o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica (Craega), con domicilio en ronda Mª Emilia Casas Baamonde s/n (Edificio Multiusos) – 27.400 Monforte de Lemos, Lugo –.

2. Prazo da promoción. A presente promoción comezará o día 26 de febreiro de 2019 e permanecerá activa, salvo modificación das presentes bases e condicións, ata o día 10-03-2019 ás 23.59 p.m. O sorteo celebrarse o 11-03-2018.

3. Requisitos para participar. Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos que residan en territorio español e que se adhiran ás instrucións de participación, en un todo conforme ás especificacións e condicións detalladas na presente cláusula. O organizador establece como requisitos para ser considerado participante:

  • Dar clic en ‘Me gusta’ na publicación en Facebook que fai referencia á presente promoción, ‘Cal é o teu disfraz ecolóxico favorito?’ (publicada aquí: http://cort.as/-FAea)
  • Realizar un comentario na mencionada publicación, respondendo á pregunta: ‘Cal é o teu disfraz ecolóxico favorito?’ As que incorporen unha foto, terán dobre participación. As imaxes deben incluír o hashtag #disfrazCRAEGA2019 e poden publicarse en Facebook ou Instagram. Tamén se poden enviar por mensaxe privada á páxina en Facebook do Craega. 

4. Lugar e data do sorteo. O sorteo correspondente a esta promoción realizarse o día 11 de marzo de 2019. De entre todos os participantes elexirase un gañador ao azar e dous suplentes. O proceso de notificación e adxudicación do premio será o seguinte:

  • O participante que resulte gañador será notificado dentro do prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir da data de realización do sorteo. Asimesmo, comunicarase o nome do gañador no perfil corporativo de Facebook durante as 48 horas seguintes á celebración do sorteo.
  • Unha vez notificado o premio, o gañador poderá poñerse en contacto ou responder ao organizador, acreditando a súa titularidade e identidade para solicitar o seu premio. O prazo establecido neste caso é de dez (10) hábiles despois da notificación.
  • Se o gañador do sorteo non se comunicara coa organización dentro do prazo indicado e nas condicións anteriormente fixadas e/ou non acreditase a súa condición de tal, o Consello procederá a correr a orde dos premios, asignándolle o premio ao gañador inmediato sucesivo posterior, non tendo o primeiro dereito algún a reclamo posterior de ninguna natureza. Se o primeiro suplente tampouco responde, entregarase o agasallo ao segundo suplente.
  • Contrastados os datos do gañador do sorteo, a organización procederá a enviar o premio por correo postal, sempre de mutuo acordo co afortunado.

5. Premios. O gañador recibirá unha cesta con produtos ecolóxicos certificados polo Craega de forma totalmente gratuíta.

6. Autorizacións. A participación no sorteo supón a cesión e autorización expresa de todos os dereitos de propiedade intelectual e da imaxe sobre as participacións, de xeito que o participante cede ao organizador os dereitos de explotación de natureza intelectual, industrial e/ou de imaxe que puideran corresponderlle ou derivar das participación enviadas para sumarse ao concurso.

7. Modificacións. A presente promoción poderá ser suspendida, cancelada e/ou modificada total ou parcialmente en calquera momento por decisión arbitraria do organizador. O único que se esixe é a notificación a través do perfil corporativo de Facebook. Os participantes no teñen dereito algún a reclamar. O organizador é un órgano inapelable que interpretará todas e cada unha das cuestión que se susciten con relación ás presentes bases e condicións.

Entenderase, a título enunciativo pero non limitativo, que se produce fraude cando se detecte o suposto uso de aplicacións independentes á plataforma Facebook para efectuar as participacións, así como os posibles abusos de consultas ao servidor e todos aqueles comportamentos que poidan resultar aparentemente abusivos e/ou malintencionados. A constatación de calquera destas circunstancias durante o concurso suporá a descalificación automática do participante así como a perda do premio si se lle outorgara.

8. Prohibicións – responsabilidade. Queda expresamente establecido que, en ningún caso, o participante que resulte gañador desta promoción poderá cambiar ou solicitar o troco do premio obtido por cartos en efectivo. Asimesmo, a organización non se responsabiliza das posibles perdas, deterioros, roubos ou calquera tipo de accidentes que puideran ocorrer durante o desfrute do premio, toda vez que a súa actuación como organizador conclúe coa entrega do premio sorteado ao participante que resulte gañador do mesmo.

9. Protección de datos. Os datos suministrados polos participantes serán tratados confidencialmente e recompilados nun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal, sendo o organizador titular e responsable de dito ficheiro. En cumprimento do disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os usuarios poderán executar, en calquera momento, os dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos, que foran recompilados e arquivados durante o proceso. O exercicio destos dereitos deberá efectuarse mediante comunicación escrita dirixida á sede social do organizador ou á dirección de correo electrónico sinalada como de contacto (craega@craega.es), indicando, en calquera dos casos, como referencia ‘Datos Persoais’ e o referido dereito que pretendan accionar.

En calquera caso, o organizador non vende, comercializa, nin aluga a información de identificación persoal dos usuarios a terceiros.

10. Exención de responsabilidade de Facebook. Esta promoción está dispoñible para toda persoa física, maior de 18 anos, que resida en territorio español. Ao participar nela, o participante accede e está dacordo en que dita promoción non está asociada, administrada nin respaldada por Facebook e libera a Facebook de toda responsabilidade pola súa participación neste concurso.

11. Recoñecemento do non patrocinio de Facebook. Facebook nin patrocina, nin avala, nin administra de modo algún esta promoción, nin está asociado á mesma. O participante na presente promoción desvincúlase totalmente de Facebook e é consciente de que está proporcionando a súa información ao Craega e non a Facebook. A información proporcionada empregarase para xestionar as participacións da mencionada promoción e, no seu caso, para usos puntuais comerciais da marca.

12. Leis aplicables. Esta promoción considerarase emitida conforme ás leis aplicables en territorio español. Os efectos legais que xurdiran da mesma serán interpretados e executados conforme e dacordo ás disposicións e tribunais deste país. Para o caso de contenda xudicial sobre a interpretación e cumprimento de cada un dos termos das presentes bases e condicións, será competente unicamente á xustiza civil e comercial de Monforte de Lemos (Lugo), con expresa renuncia aos participantes a toda outra xurisdición que puidera corresponderlles.

O solo feito de participar na presente promoción implica o coñecemento e aceptación sen condición nin reserva algunha, por parte do participante, de todas e cada unha das cláusulas integrantes nas presentes bases e condicións, sin dereito a reclamo de ninguna natureza.

Monforte de Lemos, 26 de febreiro de 2019.