fbpx
  • CRAEGA
  • CRAEGA
  • ES-ECO-022-GA

Agricultura ecolóxica

A mellor maneira de coidar o noso entorno é cos produtos ecolóxicos e sustentables

Que é agricultura ecolóxica?

A agricultura ecolóxica, tamén chamada orgánica ou biolóxica, é un sistema de xestión agraria de produción baseado na premisa de obter alimentos de máxima calidade, máis naturais, saudables e nutritivos sen usar produtos químicos de síntese nin organismos modificados xenéticamente.

Por iso, a agricultura ecolóxica tende a ter un impacto ambiental mínimo xa que os produtos foron producidos e elaborados segundo a normativa europea da agricultura ecolóxica, estando controlados en todo o seu proceso, cultivo, elaboración, envasado, comercialización…

Na produción vexetal utilízanse prácticas e técnicas agronómicas, biolóxicas e mecánicas, tanto innovadoras como tradicionais, que evitan a contaminación do ambiente e aumentan a fertilidade e a actividade biolóxica do chan. Na produción animal, a gandería ecolóxica garante o máximo nivel de benestar animal e o respecto dos ciclos biolóxicos dos animais.

– Obxectivos da agricultura ecolóxica –

  • Producir alimentos de máxima calidade nutritiva, sanitaria e organoléptica

  • Ser medioambientalmente sostible e economicamente rendible

  • Manter a diversidade xenética do sistema agrario e do seu entorno

  • Aumentar e manter a fertilidade do chan

  • Preservar a seguridade alimentaria

  • Evitar as formas de contaminación que poidan resultar das técnicas agrarias

  • Favorecer o desenrolo rural

– Comparativa agricultura
convencional / ecolóxica –

    • Agricultura convencional

    • Agricultura Ecolóxica

    • Empréganse produtos derivados do nitróxeno. Como consecuencia dun uso excesivo destes compostos elévanse as concentracións de nitratos en tecidos vexetais, que xeran contaminación tanto no chan como na auga.

    • O restablecemento da fertilidade natural do chan lévase a cabo mediante esterco, abonos verdes ou favorecendo a fixación de nitróxeno de maneira biolóxica.

    • Cultivo fóra de época e aumento das superficies de monocultivos, que favorecen a aparición de pragas, virulencias e resistencias, o que leva a un aumento da necesidade de empregar tratamentos a base de pesticidas.

    • Cultivo en tempada e desenvolvemento de técnicas alternativas que inclúen a rotación de cultivos, asociación entre diversos tipos de cultivos e policultivos, eliminando así os produtos químicos de sínteses.

    • O uso excesivo de fitosanitarios provoca un aumento da resistencia de pragas e outras enfermidades, aparición de novas pragas, eliminación de fauna auxiliar útil e acumulación progresiva no chan, entre outras consecuencias.

    • Emprego de substancias de orixe natural, facilmente biodegradables, que se atopan incluída nas normativas correspondentes.

    • Eliminación dos sebes, de maneira que se facilita a mecanización dos cultivos.

    • Uso de sebes como refuxio para a fauna auxiliar e, por tanto, como fonte de biodiversidade.

    • Pérdida de variedades locais a favor do uso de variedades híbridas (modificadas xeneticamente)

    • Cultivo de variedades locais, que se atopan adaptadas ás condicións do medio no que se van a cultivar e que ademais poden ser máis resistentes a pragas e enfermidades. O cultivo de híbridos está permitido, a condición de que as sementes obtéñanse baixo procesos regulados nas normativas.

    • Ofrece produtos en cantidade.

    • Ofrece produtos de alta calidade.

Por que é interesante
para o agricultor?

A agricultura ecolóxica presenta una serie de vantaxes que a fan dun gran interese para o agricultor/produtor:

  • Ofrécelle aos consumidores e a sí mesmo un produto san e de máxima calidade.

  • Conséguese traballar nun ambiente sen contaminación e máis equilibrado, sen os riscos de toxicidade que lle pode acarrear a agricultura convencional e sen esquilmar os recursos naturais, o que asegura a utilización dos mesmos tanto no presente coma ás futuras xeracións.

  • Atende a crecente e imparable demanda de produtos ecolóxicos, tanto nos mercados máis inmediatos como no conxunto do mercado mundial, xa que son máis valorados e normalmente mellor pagados que os produtos convencionais.

É importante estar informado das normas de produción ecolóxica e coñecer as medidas que hai que tomar para garantir o seu cumprimento, podes consultar a normativa aquí:

Galicia ECO (datos de interese)

– Superficie ecolóxica en Galicia –

Na última década medrou a superficie ecolóxica en Galicia un 198%, pasando de 15.242 ha no ano 2012 a 45.626 ha no ano 2022.

Superficie agricultura ecolóxica en Galicia

As provincias interiores, Ourense e Lugo acaparan o 83% do total da superficie inscrita en agricultura ecolóxica en Galicia.

  • 2.870ha

    Pontevedra

  • 5.050ha

    A Coruña

  • 14.320ha

    Ourense

  • 23.385ha

    Lugo

– Operadores ecolóxicos galegos –
(produtores, elaboradores e comercializadores)

Operadores inscritos no CRAEGA
  • 1506 operadores inscritos en 2022

  • 12% máis que o ano anterior

O sector eco galego ten dous polos territoriais: a provincia de Lugo que leva o peso da produción con 458 operadores e a de Pontevedra que leva o peso da industria con 131.

– Produtos ecolóxicos galegos –

Os produtos de orixe animal son os máis representativos na nosa comunidade e supoñen o 57% do total: o leite en primeiro lugar, seguido das carnes, conservas de peixe e ovos.

Aínda que nos últimos anos ten un importante crecemento a produción vexetal, con crecemento nos tubérculos, recolleita silvestre e a horticultura que tanto demanda o consumidor.

– Directorio de produtos e operadores ecolóxicos –

No noso directorio, poderás atopar os produtos e operadores ecolóxicos inscritos e certificados por CRAEGA.

Esta páxina usa cookies para funcionar. Máis información.