Arquivo da categoría: Presentación

Presentación oficial das feiras Ágora Verde en Lugo

Onte celebrouse o acto de presentación oficial das feiras Ágora Verde na deputación de Lugo.

O Craega deu a coñecer os datos económicos da provincia e confirmou as vindeiras feiras deste Verán ( Monforte de Lemos, Viveiro e Lugo).

Na mesa estiveron presentes o presidente do Consello, Francisco López Valladares; o seu secretario, Javier García; o vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández; a alcaldesa, Lara Méndez López; o alcalde de Monforte, José Tomé, e o concelleiro viveirense Jesús Fernández.

 

Video-resumo sobre a certificación e o traballo dos produtores e empresas certificadas polo Craega

Agora que estamos a piques de pechar o curso, no Craega botamos a vista atrás e facemos un balance máis que positivo de este ano académico: medramos en volume, en clientes, en facturación… e así seguiremos! Para celebralo, compartimos con vós este vídeo no que vos amosamos o gran traballo que fan os produtores,empresas certificadas e o traballo que se realiza desde o Consello.

A PRODUCIÓN #ECO CERTIFICADA EN GALICIA |CRAEGA

#EnVídeo🎥 | Agora que estamos a piques de pechar o curso, no #Craega botamos a vista atrás e facemos un balance máis que positivo de este ano académico: medramos en volume, en clientes, en facturación… e así seguiremos! Para celebralo, compartimos con vós este vídeo no que vos amosamos o gran traballo que fan os nosos operadores. Que vos guste!

Publiée par Craega – Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia sur mercredi 20 juin 2018

 

Presentase o Plan estratéxico de produción ecolóxica coincidindo có 21 aniversario do Craega. O plan impulsara con 50 millóns de euros á investigación, ó desenvolvemento e á innovación nun dos nichos con maior potencial para o sector primario

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, resaltou hoxe que o Plan estratéxico da produción ecolóxica impulsará, cunha achega de 50 millóns de euros, a investigación, o desenvolvemento e a innovación nun dos nichos de mercado con maior potencial para o sector primario. “En total 50 millóns de euros, nos próximos cinco anos, para apoiar a produción ecolóxica, a elaboración e transformación, para a comercialización e a promoción, para fomentar estudos de investigación e para impulsar a vertebración e organización do sector ecolóxico”, aseverou.

Durante a presentación desta iniciativa, Feijóo aseverou que esta folla de ruta garantirá o crecemento sustentable a medio e longo prazo, coa previsión de acadar 230 novos contratos ata o ano 2021. Non en van, na actualidade hai un total de 1067 operadores certificados, que engloban tanto os produtores como os elaboradores.

Así mesmo, precisou que o plan aspira a incrementar en 8000 o número de hectáreas de superficie certificada de agricultura ecolóxica, chegando ás 40.000 hectáreas.

O presidente da Xunta avogou por seguir traballando conxuntamente para captar novos produtores e ampliar o seu coñecemento, fomentar a cooperación e o asociacionismo e incrementar as axudas para os custos de certificación.

En relación á comercialización destacou que o Plan estratéxico da produción ecolóxica ten como obxectivo a creación dunha plataforma en liña de compra e venda de materias primas para apoiar os operadores na cadea de distribución de produtos; internacionalizar e ampliar o coñecemento técnico a través de programas formativos específicos. E, no que respecta aos consumidores, o documento recolle o fin de promover o coñecemento dos produtos ecolóxicos entre os consumidores mediante a súa promoción no mercado interno.

Ao longo da súa intervención, Feijóo incidiu en que a produción ecolóxica xa non é unha moda pasaxeira nin minoritaria, como proban os datos presentados polo sector o pasado ano, ao longo do cal, os produtos ecolóxicos alcanzaron un volume de vendas de máis de 59 millóns, un 41,5% máis que en 2016.

Nesta mesma liña, cómpre subliñar, a modo de exemplo, que o prezo do leite de produción ecolóxica é un 40% superior o prezo do leite de produción estándar; e a superficie dedicada a agricultura ecolóxica incrementouse, entre 2015 e 2017, en máis dun 50%, pasando de 20.300 a 32.000 hectáreas.

A comunidade galega é a primeira en explotacións de leite ecolóxico e ocupa o primeiro posto en cabezas de aves de curral de cría ecolóxica e o segundo en produción de ovos deste tipo; ademais de destacar na produción de mexillón ecolóxico.

“Contamos tamén con 20 industrias dedicadas á elaboración de produtos lácteos ecolóxicos; e con 67 industrias de produción de carne ecolóxica, ocupando o terceiro posto no ranking estatal”, precisou.

Por último, o presidente da Xunta salientou que este novo plan propón ademais a creación dunha mesa da produción ecolóxica que vertebre a relación do sector coa Administración e incidir no apoio a fixación de poboación no rural galego, unha prioridade na axenda do Goberno galego e na que a produción ecolóxica ten un papel capital.

 

Fonte: http://mediorural.xunta.gal/nc/institucional/comunicacion/nova/nx/nova_estandar30961.html/

O sector ecolóxico en Galicia continua con un crecemento imparable

O volume das vendas de produción ecolóxica incrementouse en máis dun 41% no último ano, alcanzando os 59 millóns de €. O que supón cuadriplicar as vendas nos últimos 8 anos.
O número de operadores chegou a 1067, unha evolución do 13% respecto ao ano anterior. Mentres que a superficie aumentou en máis dun 15% roldando as 32.000 hectáreas.
O pasado 16 de abril na presentación dos datos da agricultura ecolóxica en Galicia do 2017, o presidente do Craega destacou os datos “excepcionais “que “superaron as previsións máis optimistas”. Mentres que a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, anuncio un investimento total de 4.3 millóns de euros nos próximos anos para fomentar estas practicas.