A participación na promoción Que ceas en Noiteboa? implica o coñecemento e a aceptación por parte do participante das presentes bases e condicións. Calquera violación das mesmas ou dos procedementos e sistemas aquí establecidos implicará a inmediata exclusión e/ou revocación dos premios.
1. Compañía organizadora. O organizador desta promoción é o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica (Craega), con domicilio en ronda Mª Emilia Casas Baamonde s/n (Edificio Multiusos) – 27.400 Monforte de Lemos, Lugo –.
2. Prazo da promoción. A presente promoción comezará o día 12 de decembro de 2018 e permanecerá activa, salvo modificación das presentes bases e condicións, ata o día 20-12-2018 ás 23.59 p.m. O sorteo celebrarse o 21-12-2018.
3. Requisitos para participar. Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos que residan en territorio español e que se adhiran ás instrucións de participación, en un todo conforme ás especificacións e condicións detalladas na presente cláusula. O organizador establece como requisitos para ser considerado participante:
- Dar clic en ‘Me gusta’ na publicación en Facebook que fai referencia á presente promoción, Que ceas en Noiteboa? (publicada en https://www.facebook.com/Craega)
- Realizar un comentario na mencionada publicación, respondendo á pregunta: Que ceas en Noiteboa?
-Bacallau con coliflor.
-Polo de curral.
-Outra cousa.
4. Lugar e data do sorteo. O sorteo correspondente a esta promoción realizarse o día 21 de decembro. De entre todos os participantes elexirase un gañador e dous suplentes ao azar. O proceso de notificación e adxudicación do premio será o seguinte:
- O participante que resulte gañador será notificado dentro do prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir da data de realización do sorteo. Asimesmo, comunicarase o nome do gañador no perfil corporativo de Facebook, durante as 48 horas seguintes á celebración do sorteo.
- Unha vez notificado o premio, o gañador poderá poñerse en contacto ou responder ao organizador, acreditando a súa titularidade e identidade para solicitar o seu premio. O prazo establecido neste caso é de dez (10) hábiles despois da notificación.
- Se o gañador do sorteo non se comunicara coa organización dentro do prazo indicado e nas condicións anteriormente fixadas e/ou non acreditase a súa condición de tal, o Consello procederá a correr a orde dos premios elexindo ao primeiro suplente. Se tampouco se lograra establecer contacto nos termos anteriores, optaríase polo segundo suplente. No caso de que todos os intentos fallaran, realizarase un novo sorteo, asignándolle o premio ao gañador inmediato sucesivo posterior, non tendo o primeiro e os dous suplentes dereito algún a reclamo posterior de ninguna natureza.
- Contrastados os datos do gañador do sorteo, a organización procederá a enviar o premio por correo postal, sempre de mutuo acordo co afortunado.
5. Premios. O gañador recibirá unha cesta de Nadal con produtos ecolóxicos certificados polo Craega de forma totalmente gratuíta.
6. Autorizacións. A participación no concurso supón a cesión e autorización expresa de todos os dereitos de propiedade intelectual e da imaxe sobre as participacións, de xeito que o participante cede ao organizador os dereitos de explotación de natureza intelectual, industrial e/ou de imaxe que puideran corresponderlle ou derivar das participación enviadas para sumarse ao concurso.
7. Modificacións. A presente promoción poderá ser suspendida, cancelada e/ou modificada total ou parcialmente en calquera momento por decisión arbitraria do organizador. O único que se esixe é a notificación a través do perfil corporativo de Facebook. Os participantes no teñen dereito algún a reclamar. O organizador é un órgano inapelable que interpretará todas e cada unha das cuestión que se susciten con relación ás presentes bases e condicións.
Entenderase, a título enunciativo pero non limitativo, que se produce fraude cando se detecte o suposto uso de aplicacións independentes á plataforma Facebook para efectuar as participacións, así como os posibles abusos de consultas ao servidor e todos aqueles comportamentos que poidan resultar aparentemente abusivos e/ou malintencionados. A constatación de calquera destas circunstancias durante o concurso suporá a descalificación automática do participante así como a perda do premio si se lle outorgara.
8. Prohibicións – responsabilidade. Queda expresamente establecido que, en ningún caso, o participante que resulte gañador desta promoción poderá cambiar ou solicitar o troco do premio obtido por cartos en efectivo. Asimesmo, a organización non se responsabiliza das posibles perdas, deterioros, roubos ou calquera tipo de accidentes que puideran ocorrer durante o desfrute do premio, toda vez que a súa actuación como organizador conclúe coa entrega do premio sorteado ao participante que resulte gañador do mesmo.
9. Protección de datos. Os datos suministrados polos participantes serán tratados confidencialmente e recompilados nun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal, sendo o organizador titular e responsable de dito ficheiro. En cumprimento do disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os usuarios poderán exectuar, en calquera momento, os dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos, que foran recompilados e arquivados durante o proceso. O exercicio destos dereitos deberá efectuarse mediante comunicación escrita dirixida á sede social do organizador ou á dirección de correo electrónico sinalada como de contacto (craega@craega.es), indicando, en calquera dos casos, como referencia ‘Datos Persoais’ e o referido dereito que pretendan accionar.
En calquera caso, o organizador non vende, comercializa, nin aluga a información de identificación persoal dos usuarios a terceiros.
10. Exención de responsabilidade de Facebook. Esta promoción está dispoñible para toda persoa física, maior de 18 anos, que resida en territorio español. Ao participar nela, o participante accede e está dacordo en que dita promoción non está asociada, administrada nin respaldada por Facebook e libera a Facebook de toda responsabilidade pola súa participación neste concurso.
11. Recoñecemento do non patrocinio de Facebook. Facebook nin patrocina, nin avala, nin administra de modo algún esta promoción, nin está asociado á mesma. O participante na presente promoción desvincúlase totalmente de Facebook e é consciente de que está proporcionando a súa información ao Craega e non a Facebook. A información facilitada empregarase para xestionar as participacións da mencionada promoción e, no seu caso, para usos puntuais comerciais da marca.
12. Leis aplicables. Esta promoción considerarase emitida conforme ás leis aplicables en territorio español. Os efectos legais que xurdiran da mesma serán interpretados e executados conforme e dacordo ás disposicións e tribunais deste país. Para o caso de contenda xudicial sobre a interpretación e cumprimento de cada un dos termos das presentes bases e condicións, será competente unicamente á xustiza civil e comercial de Monforte de Lemos (Lugo), con expresa renuncia aos participantes a toda outra xurisdición que puidera corresponderlles.
O solo feito de participar na presente promoción implica o coñecemento e aceptación sen condición nin reserva algunha, por parte do participante, de todas e cada unha das cláusulas incluídas nas presentes bases e condicións, sin dereito a reclamo de ninguna natureza.
Monforte de Lemos, 12 de decembro de 2018.