Todolos artigos de: CRAEGA

A UE amplía ata o 15 de xuño a solicitude da PAC

A Comisión Europea vén de ampliar a solicitude das axudas da Política Agrícola Común (PAC) ata o 15 de xuño. Nun principio, o prazo expiraba o 30 de abril e o Goberno español decidiu prorrogalo ata o 15 de maio a causa da crise do coronavirus. Ademais, desde o Ministerio de Agricultura solicitouse a Bruxelas que estendera un mes máis o calendario para xestionar as subvencións, petición que finalmente foi aceptada. 

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), en colaboración coas comunidades autónomas, fomentará a presentación telemática da solicitude única e favorecerá as distintas alternativas que permitan aproveitar ao máximo estos mecanismos. 

ENLACE AXUDA:  https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200218/AnuncioG0426-120220-0001_gl.html

AMPLIACIÓN DA UE: https://eur-lex.europa.eu/legal-content/ES/TXT/PDF/?uri=CELEX:32020R0501&from=ES

PRAZO: 15/06/2020

A Xunta mantén o peche dos mercados locais

A Xunta mantén o peche dos mercados locais para a venda de produtos agroalimentarios e está á espera de resposta por parte do Goberno central para proceder á súa reapertura. A actividade quedou suspendida o 24 de marzo a través dunha orde publicada no Diario Oficial de Galicia.

O texto fai fincapé en que se fomentará a venda de produtos agrícolas e gandeiros por “medios alternativos que non impliquen presenza física”, é dicir, por vía telefónica ou correo electrónico. Engade que os pedidos deben ser “servidos polo produtor no domicilio do consumidor, e que eviten o desprazamento de persoas pola vía pública”. 

Pola suspensión de apertura non se verían afectadas as tendas especializadas en comercio ao retallo de flores, plantas, sementes e fertilizantes. Medio Rural concreta tamén que poderán seguir en funcionamento os establecementos que se adiquen á comercialización de produtos vexetais para a plantación en hortas de consumidores finais. Así mesmo, os que comercialicen plantóns hortícolas poderán practicar venda ambulante e desprazarse ás localidades onde teñen os seus clientes. 

Guía para mercar produto eco desde a casa

Agricultores e gandeiros seguen a ter especial relevancia na sociedade dende que comezou a pandemia sanitaria, hai xa case un ano. Como base da cadea alimentaria, a súa actividade está  garantida, a pesar das restricións sanitarias, sempre respectando as medidas impostas para impedir o avance da COVID-19.

Moitos dos operadores ecolóxicos certificados polo Craega manteñen o servizo de venda directa ao consumidor (por e-mail ou teléfono) e levan o pedido ata o domicilio.

A MELLOR CESTA DA COMPRA, ON LINE E ECOLÓXICA!

Nesta guía tedes moitas opcións dispoñibles para mercar alimentos con selo certificado Craega, sen saír da casa.


MANUEL JESÚS REY CARBIA – REBULIDOIRO GRANXA ECO

Área xeográfica: Silleda (Pontevedra), Compostela e Teo (A Coruña).

Produtos: verza, col, cabaza, remolacha, allo porro, cebola tenra, acelga, etc.

Web: https://www.facebook.com/rebulidoirogranxa/

Pedidos: rebulidoiro@gmail.com | 688428670


Mª JOSÉ TALLÓN GARCÍA – TRASDEZA NATUR

Área xeográfica: Silleda (Pontevedra).

Produtos: cultivos de horta variados, segundo a tempada. 

Web: https://www.trasdezanatur.com

Pedidos: formulario web | 648168786


VIVAZ PLANT, SAT

Área xeográfica: Galicia.

Produtos: aguacate e zume de mazá (a partir de setembro, dispón de mazá eco galega). 

Web: http://www.vivazplant.com

Pedidos: info@vivazplant.com | 687654844


JOSÉ FEIJÓO GAGO – PECADO DE OUTONO 

Área xeográfica: España. 

Produtos: castaña en diversos formatos (deshidratada, picón e fariña). 

Web: https://www.pecadodeoutono.es

Pedidos: pecadodeoutono@hotmail.es | 659499570


ANA ISABEL MARTÍNEZ CANCIO – A HORTA DA SANCOVEIGA 

Área xeográfica: Vilalba (Lugo) e outros. 

Produtos: hortalizas, polos e ovos. 

Web: http://www.ahortadasancoveiga.com

Pedidos: ana_llalba@hotmail.com | 695914455 (WhatsApp o SMS). 


GERVASIO MOURO ARES – DO PAÍS 

Área xeográfica: Compostela e comarca. 

Produtos: patacas, millo, trigo e chícharos. 

Web: https://www.dopais.com

Pedidos: pedido@dopais.com | 685855063


ALICORNIO ORGANIC SPIRITS 

Área xeográfica: España peninsular. 

Produtos: augardente e licores ecolóxicos. 

Web: https://www.alicorniolicores.com

Pedidos: info@alicorniolicores.com | 615990386


AITOR E IVÁN LATA – LABRECOS 

Área xeográfica: Oza-Cesuras. 

Produtos: hortalizas de tempada. 

Web: https://www.facebook.com/labrecoss

Pedidos: labrecos@gmail.com | 696541247

Outros datos: entregas individuais por mensaxería e conxuntas para os grupos da bisbarra de Betanzos e arredores, sempre gardando as medidas de seguridade.


A CORTIÑA DA BOUZA

Área xeográfica: Lugo, Cospeito, Guitiriz, Begonte, Vilalba, Rábade, Castro de Rei e Outeiro de Rei. 

Produtos: hortalizas de tempada e plantón. 

Web: https://www.facebook.com/cortinhadabouza

Pedidos: cortinhadabouza@gmail.com | 659566764


JOSÉ LUIS CARREIRA BRUZOS – ESENCIA DA TERRA 

Área xeográfica: Melide, Palas de Rei, Antas de Ulla, Monterroso, A Golada, Lalín, Arzúa e Arca (O Pino).

Produtos: hortalizas variadas de tempada.

Pedidos: 676017652


ASOCIACIÓN RAÍÑA PARAÍSO

Área xeográfica: comarca de Betanzos, A Coruña e Santiago. 

Produtos: ovos ecolóxicos de Mos, verduras e hortalizas frescas. 

Web: https://xn--raia-iqa.org/

Pedidos: asociacionraina@gmail.com | 693747500


PESCADOS RUBÉN, SL

Área xeográfica: España e Portugal (só territorio peninsular). 

Produtos: conservas de bonito do norte e cabala en aceite de oliva extra ecolóxico. 

Web: http://www.ruben1964.es

Pedidos: tromero@pescadosruben.com | 630900154


ORBALLO INNOVACIONES FORESTALES

Área xeográfica: toda España. 

Produtos: infusións, especias e aromáticas. 

Web: https://orballo.eu/

Pedidos: info@orballo.eu | 684302614


MILHULLOA S.COOP. GALEGA

Área xeográfica: Galicia. 

Produtos: infusións, especias e grelo deshidratado. 

Web: http://www.milhulloa.es/

Pedidos: milhulloa@hotmail.com | 646569126


JOSÉ BENITO RODRÍGUEZ – MEL MONTES DO XURÉS

Área xeográfica: toda a Península e Baleares. 

Produtos: mel ecolóxico de Galicia. 

Web: https://www.mielmontesdoxures.com

Pedidos: melmontesdoxures@gmail.com | 606819834

Outros: entrega en persoa de pedidos en Lobios e Ourense. Noutras zonas, servizo a domicilio en 48 horas.


HQ SEAWEED – CAPITÁN ALGA

Área xeográfica: toda España. 

Produtos: alga wakame, leituga de mar, spaghetti de mar, kombu e codium. Produto dispoñible en fresco, conxelado e en salazón. 

Web: https://capitanalga.es

Pedidos:  info@capitanalga.es – logistica@capitanalga.es | 606130045 –  986630577


GRANXAS DE LOUSADA, SC

Área xeográfica: comarca das Mariñas coruñesas. 

Produtos: verduras de tempada, patacas, trigo, centeo, carne de vacún e de porco, polos e ovos. 

Web: https://www.facebook.com/GranxasdeLousada

Pedidos: sboados@gmail.com | 657103468


MEILIDE 16, SL – EL CALABACÍN ROJO

Área xeográfica: toda Galicia. 

Produtos: leituga, pataca, porro, cebola e mézclum

Web: https://elcalabacinrojo.es

Pedidos: pedidos@elcalabacinrojo.es | 629332571


MÓNICA MALVAR RODRÍGUEZ – SEITURA

Área xeográfica: comarca de Betanzos e A Coruña cidade. Consultar entrega noutros puntos. 

Produtos: hortalizas e froitas de tempada. 

Web: http://www.seitura.net/tenda

Pedidos: seitura.agricultura.ecoloxica@gmail.com | 616639439 

Outros: entrega de pedidos cada venres, previa solicitude a través da páxina web. O servizo a domicilio funciona unicamente durante a corentena. Só se admite pago con tarxeta. 


PRODUCTO DE ALDEA

Área xeográfica: provincia de Pontevedra e Compostela. 

Produtos: viño ecolóxico. 

Web: https://www.facebook.com/productodealdea/

Pedidos: gil@productodealdea.com | 630813451


VÍCTOR MANUEL LÓPEZ RICO

Área xeográfica: comarcas do Eume, Ferrolterra e Ortegal. 

Produtos: canal (enteiro ou metade) de tenreira ecolóxica. 

Pedidos: vlopezrico83@gmail.com | 659403522


JORGE PIÑA REY  – HORTA TRASALBA

Área xeográfica: toda Galicia. 

Produtos: hortalizas (tomate, pementos, etc.), froitas de tempada (arando, framboesas, moras…) e setas. 

Web: http://hortatrasalba.gal/

Pedidos: eladiopinaalvarez42@gmail.com | 650053980

Outros: entrega a domicilio (portes incluídos). Comunicación directa co cliente por WhatsApp.


Mª TERESA CASTRO FERREIRO – POLEMEL

Área xeográfica: toda España. 

Produtos: mel e pole. 

Web: http://www.polemel.com

Pedidos: polemelbio@gmail.com | 618284446


LUCÍA AFONSO FERNÁNDEZ – SOVORAL

Área xeográfica: toda España. 

Produtos: produtos apícolas. 

Web: http://www.sovoral.com

Pedidos: ola@sovoral.com | 691431319


BODEGAS CORISCA SL

Área xeográfica: toda España. 

Produtos: albariño eco D.O. Rías Baixas. 

Web: https://bodegascorisca.com/

Pedidos: info@bodegascorisca.com | 615430297


ÓSCAR RIVEIRO LAGE – RIVEIRO ECOLÓGICOS

Área xeográfica: Castro de Rei (Lugo)

Produtos: pataca. 

Pedidos: riveiroecologicos@gmail.com | 687108778


ÁNGELES GONZÁLEZ  RODRÍGUEZ – SHIITAKE TRIVES

Área xeográfica: toda Galicia

Produtos: fungo shiitake fresco. 

Pedidos: shiitaketrives@gmail.com | 649926664


A FACTORÍA ECOLÓXICA, SL

Área xeográfica: toda a Península

Produtos: xeados de produción ecolóxica con leite e veganos. Tamén polpa de açai, açai con guaraná e pitaya rosa. 

Web: https://www.the-bio-factory.com/

Pedidos: tiendaonline@the-bio-factory.com | 619391699

Outros: recepción de pedidos ata o luns. Envío o martes e entrega o mércores (antes das 11 h). O cliente ten que estar no seu domicilio o día e hora indicados, xa que a empresa non garante a conservación da cadea de frío nun día/hora posterior ao sinalado inicialmente. 


 JULIÁN SIO FERNÁNDEZ – O MUÍÑO DA ESPELTA 

Área xeográfica: Vigo, O Porriño e arredores

Produtos: pans ecolóxicos variados (sarraceno, espelta, centeo e centeo con pasas e noces). Chapata de espelta. Galletas con fariñas sen gluten (intolerantes) de cacao e tamén de mazá e xenxibre (sen azucre)

Web: https://www.facebook.com/panecologicodeespelta

Pedidos: omuinodaespelta@gmail.com | 615397795

Outros: servizo a domicilio unicamente activo durante a corentena. 


 XOSÉ FIGUEROA LORENZANA – PAZO DE SABADELLE

Área xeográfica: toda Galicia

Produtos: carne ecolóxica de becerro

Web: https://www.facebook.com/PazodeSabadelle

Pedidos: pepedopacio@hotmail.com | 650343777


 TRALOAGRO, SL

Área xeográfica: toda Galicia

Produtos: polo e tenreiros de produción ecolóxica

Web: www.traloagro.es

Pedidos: pedidos@traloagro.es | 617403712


 KOMBU DEL CANTÁBRICO – ALGAS LA PATRONA

Área xeográfica: toda España

Produtos: pack de seis algas eco deshidratadas (kombu, wakame, spaghetti de mar, leituga de mar, alga percebe e mix)

Web: www.algaslapatrona.com

Pedidos: hola@algaslapatrona.com | 667486818


JOSÉ ANTONIO FERNÁNDEZ ÁLVAREZ

Área xeográfica: Lugo

Produtos: patacas

Pedidos: 607676428


DIEGO ESTÉVEZ NIETO

Área xeográfica: Galicia

Produtos: mel

Pedidos: arnuizdiego@hotmail.com| 607512535


FCO. JAVIER FRAGA CHANS – CHANS DA CANOSA

Área xeográfica: Galicia

Produtos: horta de tempada

Pedidos:  619427994

Outros: envíos a domicilio a través de empresa de transporte.


EDUARDO LÓPEZ MARTÍNEZ – BIOWAK 

Área xeográfica: toda España

Produtos: aceites vexetais 100% puros (argán, jojoba, rosa mosqueta, caléndula, pebida de uva, etc.)

Web: https://www.biowak.es

Pedidos: info@biowak.es | 657812805

Outros: portes gratuítos a partir de 20 €.


DOLORES REMUIÑÁN SÁNCHEZ

Área xeográfica: Carballo

Produtos: repolo, acelga, leituga e remolacha. 

Pedidos: 679399262

Outros: servizo a domicilio activo só durante a corentena. 


DAIQUÍ, SCG

Área xeográfica: toda España

Produtos: froitas, hortalizas, froitos secos, conservas, fariñas, mel e pole. 

Web: www.daiqui.com

Pedidos: pedidos@daiqui.com | 988302171

Outros: entrega gratuíta en 24 h a partir de 60 € (en calquera punto de Galicia). En Ourense capital, Allariz e Xinzo de Limia, servizo a domicilio con transporte propio. Fóra de Galicia, tarifa plana de 10 € polo transporte (24 h).


MIGUEL AREÁN E HIJOS, SL – NAICIÑA

Área xeográfica:  España e Portugal. 

Produtos: castaña (conxelada a granel e precocida) e elaborados de castaña (fariña e puré).  

Web: https://www.arean-hijos.com/tienda/

Pedidos: tienda@arean-hijos.com | 982440902


Mª NURIA VÁZQUEZ BLANCO – GANADERÍA BERNADAL

Área xeográfica:  Galicia. 

Produtos: tenreiro ecolóxico.  

Web: https://ganaderiabernadal.webnode.es/

Pedidos: bernadal2005@hotmail.com | 639037940 (servizo operativo só durante o estado de alarma)

Outros: venda na explotación e sacrificio en matadoiro concertado. 


JAMONES GONZÁLEZ, SLU

Área xeográfica:  Galicia. 

Produtos: despece de porcino fresco e elaborados cárnicos.  

Web: https://jamonesgonzalez.com/

Pedidos:  tienda@jamonesgonzalez.com | 609909403 


CORAÇAI ALLIANCE, SL

Área xeográfica:  Galicia. 

Produtos: polpas de açai e pitahaya (froitas conxeladas).  

Web: www.coracai.com

Pedidos:  info@coracai.com | 619391699


CARBALLAL VÁZQUEZ ABAL, SL

Área xeográfica:  toda España. 

Produtos: viño branco ecolóxico.  

Web: www.vinoscarballal.com

Pedidos: info@vinoscarballal.com | 986710981

Outros: servizo aproximado en 24-48 horas. 


FRANCISCO FERNÁNDEZ BARRIO – BUBELA ARTESÁ

Área xeográfica:  toda Galicia. 

Produtos: pastas italianas (trigo, espelta, centeo, millo, castaña, algas, cúrcuma e espirulina) e cervexas (torrada, branca de trigo, moura e con licor café). En ambos casos son produtos artesanais.

Web: https://www.bubela.gal/

Pedidos: bubela@bubela.gal | 622324846

Outros: servizo aproximado en 24-48 horas. 


SALVADOR MARTÍNEZ VALLADARES – MIRABEL DO ROSAL | ALÉN DO VAL

Área xeográfica:  toda España. 

Produtos: mirabeles en xarope e outros elaborados con este froito (marmelada, doce, cervexa bio e snacks). 

Web: https://www.mirabeldorosal.com/

Pedidos: info@mirabeldorosal.com | 600514102

Outros: servizo aproximado en 24-48 horas. Posibilidade de realizar packs coas distintas referencias adaptándose ás necesidades do cliente.


COOPERATIVA STA. MARIÑA DE LOUREIRO

Área xeográfica:  toda España. 

Produtos: iogur e kéfir. 

Web: www.cooperativaloureiro.es

Pedidos: comunicacion@cooperativaloureiro.es | 988287449 / 647681162 (WhatsApp)

Outros: os pedidos saen os luns, martes e mércores a través da empresa de transporte contratada pola empresa.


EURO ANDEAN TRADING S.L.

Área xeográfica:  toda España. 

Produtos: sementes e especias.  

Web: www.euroandean.com

Pedidos: info@euroandean.com | 658664820 


CARLOS PENA FERNÁNDEZ – ECO HORTA DA COSTA 

Área xeográfica:  A Mariña e Ortegal. 

Produtos: verduras e froitas variadas de tempada.  

Pedidos: hortadacosta@hotmail.com | 679552690


ECOVIANESA

Área xeográfica:  toda Galicia. 

Produtos: carne ecolóxica de raza vianesa (lotes de medio canal envasados ao baleiro) .  

Pedidos: ecovianesa@gmail.com | 676966255


JOSÉ ANTONIO TEIGA PENSADO – FRAGAIRA

Área xeográfica:  toda Galicia. 

Produtos: froitos frescos (amorodo, framboesa, moras, arandos, e grosella vermella e negra) e plantas de froitos silvestres .  

Pedidos: fragaira@gmail.com | 699761644


MAGDALENA Mª PARAMÉS GIL – O TORGO

Área xeográfica:  toda España. 

Produtos: viño branco Torgo (albariño 100%); viño branco Torgo & Tal (albariño, loureira e treixadura).  

Web: www.torgo.es 

Pedidos: info@torgo.es | 629784245

MIELES ANTA

Área xeográfica:  toda España

Produtos: Mel e pole ecolóxicos de distintas variedades das marcas PAZO DE LUSÍO e TOCA Honey.

Web: https://www.mielesanta.com/

Pedidos: pedidos@mielesanta.com | Teléfono: 698 164 170

O Craega suspende a súa actividade para frear o avance da COVID-19

Picar na foto para acceder ao Real Decreto 10/2020

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) suspende a súa actividade desde o luns 30 de marzo para frear o avance da COVID-19. O Real Decreto 10/2020, do 29 de marzo, obriga a manter confinados a todos os traballadores de empresas consideradas non esenciais, medida coa que se pretende reducir a mobilidade da poboación e frear a pandemia. 

En cumprimento desta norma, a plantilla desta entidade deixa de acudir ao seu posto de traballo e acóllese ao permiso retribuído recuperable aprobado polo Goberno.

Salvo prórrogas posteriores, a suspensión estenderase entre o luns 30 de marzo e o xoves 9 de abril (ambos incluídos). Para solventar as urxencias que poidan xurdir durante este período, o Craega pon á súa disposición o e-mail craega@craega.es.

Agradecemos a súa comprensión e confiamos en que coa colaboración de todos esta situación se supere o antes posible. 

Prohibida a venda directa de produtos agrícolas en feiras ata o 31 de marzo

As medidas de confinamento para combater o Covid-19 chegan aos mercados tradicionais. A comercialización directa de produtos agrícolas e gandeiros nas feiras que periodicamente se celebran nos concellos quedan prohibidas ata o 31 de marzo, segundo publica o Diario Oficial de Galicia. As decisións que adopte a administración autonómica a partir desa data comunicaranse a través da páxina web da Consellería do Medio Rural

A orde fai fincapé en que se fomentará a venda de produtos agrícolas e gandeiros por “medios alternativos que non impliquen presenza física”, é dicir, por vía telefónica ou correo electrónico. Engade que os pedidos deben ser “servidos polo produtor no domicilio do consumidor, e que eviten o desprazamento de persoas pola vía pública”. 

Pola suspensión de apertura non se verían afectadas as tendas especializadas en comercio ao retallo de flores, plantas, sementes e fertilizantes. Medio Rural concreta tamén que poderán seguir en funcionamento os establecementos que se adiquen á comercialización de produtos vexetais para a plantación en hortas de consumidores finais. Así mesmo, os que comercialicen plantóns hortícolas poderán practicar venda ambulante e desprazarse ás localidades onde teñen os seus clientes. 

SÓ PRODUTOS PERECEDEIROS. Unha vez que se levante a prohibición e se reanuden os mercados, só se permitirá a venda directa de produtos agrícolas e gandeiros do sector da alimentación e perecedoiros. A partir de entón, haberá novas normas tanto para a colocación dos postos como para as persoas que se ocupan de atendelos, así como para os usuarios:   

  • Postos. Deberán atoparse separados por unha vía de tránsito e cunha distancia mínima de seis metros. Recoméndase unha disposición en triángulo. Dentro do mesmo posto, as persoas vendedoras deberán gardar entre elas dous metros de separación.
  • Persoas vendedoras. Para atender o posto só se admite ás persoas titulares da explotación agraria con actividade inscritas na sección de venda directa (Sevedi) do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), parentes en primeiro grao que colaboran na actividade agraria ou empregados da explotación.
  • Persoas usuarias. Tamén deberán gardar unha distancia mínima de dous metros (coas excepcións que establece para o efecto a normativa estatal).

HORTAS DE AUTOCONSUMO. Os agricultores e viticultores profesionais poderán desprazarse para atender os seus cultivos. Para acreditar a súa condición e xustificar as viaxes, teñen que estar dados de alta no Reaga. No caso dos viticultores, será suficiente co carné de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios ou coa tarxeta de rexistro dispensada polo consello regulador da denominación de orixe.

A orde tamén aclara a situación das persoas que teñen hortas ou viñas de autoconsumo. Autorízanse os desprazamentos non máis alá de 500 metros da vivenda habitual. Na leira non poderán traballar máis de dúas persoas e, en todo caso, deberán respectar as distancias de seguridade establecidas pola autoridade sanitaria. Para acreditar o desprazamento, o agricultor e/ou viticultor terá que presentar o carné de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios.

DESCARGAR AQUÍ A ORDE COMPLETA

O Craega garante a atención ao operador durante o estado de alarma pola COVID-19

Ante a excepcional situación derivada da pandemia da Covid-19 e para garantir o cumprimento do Real Decreto 463/2020 e a súa modificación posterior, o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) fai fincapé no seguinte:

    • Atención ao público só por teléfono ou e-mail. As oficinas do Craega en Monforte de Lemos continúan en funcionamento, pero sen atención ao público presencial. As consultas que poidan xurdir durante o estado de alarma resolveranse por vía telemática (craega@craega.es) ou telefónica (982405300).

    • Información do Ministerio. Piar fundamental da cadea de abastecemento alimentario, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación garante a actividade da produción agrícola, gandeira e acuícola durante o estado de alarma. Na seguinte ligazón é posible solventar algunhas das dúbidas que xorden no seo do sector a raíz do estado de alarma: https://bit.ly/2UpwgPg

    • Información da Xunta. Pola súa banda, a Consellería do Medio Rural tamén elaborou unha lista de   preguntas frecuentes para aclarar cuestións relacionadas con novos prazos de axudas, protocolos específicos nas granxas, etc. Para consultar a información, picar aquí: https://bit.ly/2xV9Yxm. Así mesmo, publicou unha serie de recomendacións para que o agro galego saiba como proceder durante a emerxencia sanitaria: https://bit.ly/3a8IDps

    Agradecemos a súa comprensión e confiamos en que coa colaboración de todos esta situación se supere o antes posible. 

A despensa de mexillón bio está en Galicia

O Craega rexistrou 3.124 toneladas de mexillón ecolóxico en 2018, case o 60% do que se certifica no conxunto do Estado.

Con 2.500 km de costa, Galicia é líder absoluto en acuicultura bio de España. O monopolio recae na ría de Arousa, a máis extensa do Estado. Salvo unha mínima porcentaxe procedente da ría de Aldán (Cangas do Morrazo), dese labirinto escarpado de illas e arrecifes saíron as 3.124 toneladas que o Craega rexistrou en 2018. Segundo o informe sobre produción ecolóxica que o Ministerio de Agricultura publicou recentemente, o noroeste peninsular mantén o monopolio en acuicultura e absorbe o 59,4 % do que se certifica no conxunto do Estado. En algas con etiqueta verde, Galicia tamén se sitúa en cabeza. Das 721 toneladas que se comercializaron no país, 636 tiñan aquí a súa orixe.

Do mexillón ecolóxico e de como se foi facendo un oco no mercado internacional sabe moito Juan Carlos Juncal Piñeiro. Presidente da Asociación de Produtores Mexilloeiros San Amaro e vogal do Craega, coñece como poucos os 230 km2 da ría de Arousa. Pioneiros na produción do molusco con selo, nese recuncho singular do litoral galego o colectivo xestiona 41 bateas repartidas en mans de 26 socios.

“Os principios foron dífíciles. Comezamos certificando dúas bateas para industria e o primeiro ano só vendemos o 20% da produción. O resultado non pagaba o esforzo, pero era unha aposta de futuro cun produto innovador”, lembra Juncal. A primeira grande eclosión chegou en 2013. San Amaro empezou a vender fresco para Francia, un país con niveis de consumo ecolóxico moi elevados. A entrada no mercado galo exerceu un efecto chamada e, ao colectivo con sede en Vilanova de Arousa, sumáronse membros doutras organizacións, primeiro os da Rianxeira e, máis tarde, os da Illa. Conscientes das dificultades para introducir o bivalvo nos circuítos comerciais, despois inscribiuse tamén algún cocedeiro de mexillón e algunha depuradora, algo que serviu para darlle o pulo definitivo ao sector.

O mercado do mexillón eco atópase nun estado embrionario. “Aínda que tres mil toneladas semelle unha gran cantidade, supón pouco máis do 1 % do mexillón galego comercializado. Partindo da calidade das augas, hoxe en día poderíase certificar máis dun 90 % do noso molusco”, engade.

Fonte: ‘Agricultura ecolóxica. Estatísticas 2018’, Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

FRANCIA, O MERCADO MÁIS APETITOSO. Francia é o terceiro mercado de alimentos ecolóxicos a escala mundial e o noveno que máis gasta ao ano en produtos bio per cápita (101 €). Son datos dun informe do ICEX, no que tamén se prognostica que o sector aspira a acadar os 12.000 millóns de euros en 2020.

En Arousa foron quen de percibir as oportunidades dun país que fixo do mexillón fresco –non dispoñible no seu mercado– unha das estrelas da súa despensa. O selo do Craega resultou fundamental para abrirse camiño. Ademais de achegar valor engadido, a certificación “permitiunos acadar estabilidade tanto en prezo como en vendas”, explica o presidente de San Amaro.

Desde as Rías Baixas auguran que o futuro do molusco pasa por converterse en ingrediente de pratos elaborados, en consonancia coa tendencia dos mercados. Hoxe comercialízase de xeito moi semellante ao convencional, tanto en conserva coma en fresco. Este último é o que máis demanda rexistra no seo de San Amaro, algo que desde a agrupación atribúen a que, con este formato, tende a identificarse cun produto gourmet

Juan Carlos Juncal Piñeiro, presidente da Asociación de Produtores Mexilloeiros San Amaro.

DIFERENZAS ENTRE MEXILLÓN BIO E CONVENCIONAL. A calidade da auga é o principal criterio á hora de establecer os límites entre o mexillón bio e o convencional. Segundo estipula a normativa de acuicultura ecolóxica, o molusco con etiqueta verde debe producirse en polígonos situados en zona sanitaria A ou B (alta calidade). De analizar a calidade da auga ocúpase o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar).

Co peso que ten a contorna para o sector bateeiro, Juncal fai fincapé en que o maior reto para os produtores e os mariñeiros das rías galegas “é conservar o medio no que traballamos, evitando que os intereses de empresas e persoas sen escrúpulos os deterioren de forma irreparable”.

A curto-medio prazo, todo apunta a que se irán creando pequenos grupos de produtores que asumirán a xestión de 20 ou 30 bateas a fin de amortizar recursos e sacar maior rendemento á produción.

Mexillón á marxe, o tamén vogal do Craega vai máis alá e apela á Administración para que fomente o consumo de produtos ecolóxicos. Nesta liña urxe medidas como a puntuación dos alimentos bio nos concursos de comedores xestionados polos poderes públicos ou a aplicación do IVE superreducido.

Galicia encabeza a produción de carne avícola e pechou 2018 cun balance de 1.078 toneladas.

LÍDER EN LEITE E CARNE AVÍCOLA. O informe do Ministerio de Agricultura pon de relevo que Galicia segue a gañar peso en produción ecolóxica ano tras ano. A superficie dedicada a este tipo de cultivo medrou un 7,9 % só nun exercicio e, ademais, a comunidade logrou encabezar certos sectores como o leite, a carne avícola, os ovos ou o mel.

España sumaba 7.923 explotacións gandeiras ecolóxicas en 2018, dous puntos máis que no exercicio precedente. Con máis da metade das granxas certificadas do conxunto do Estado, Galicia lidera a produción láctea do país e anotou 15.697 toneladas dun total de 27.837. Non obstante, cae ata o quinto posto en produción de carne. Unicamente 165 das que hai en España se sitúan aquí e, de feito, o seu peso no balance é pouco significativo: 207 toneladas fronte ás máis de 23.000 que computa o Estado no seu conxunto.

En canto a ave de curral, Galicia tamén merece un lugar destacado. Por detrás de Cataluña, é a segunda comunidade con máis explotacións (30) deste tipo. Si que encabeza, no entanto, a produción de carne avícola e pechou o ano cun cómputo de 1.078 toneladas (das 1.289 de España).

O informe do Ministerio tamén outorga un oco sobresaínte aos ovos ecolóxicos. Das 21 granxas inscritas en Galicia saíron 22.141 unidades, cifra que lle atribúe a segunda posición neste segmento. Algo parecido sucede co mel. Galicia presume de ser a terceira comunidade en suma de explotacións (31). Nelas repártense 14.562 colmeas que produciron 170 toneladas de mel, cantidade que deixa de novo a Galicia no número tres da lista.

O sector eco galego abre novos horizontes en Biocultura A Coruña

O Craega acudiu a Biocultura A Coruña coa imaxe da campaña ‘Somos Semente’

Tres intensos días de feria aberta a todos os públicos e moi cerca da casa. O sector eco galego amosou na segunda edición de Biocultura A Coruña (28 e 29 de febreiro e 1 de marzo)  a súa madurez e tivo ocasión de palpar o interese crecente do público local polos alimentos orgánicos. No estand agrupado do Craega, 21 expositores do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) achegaron as súas propostas a consumidores e profesionais procedentes de toda a comunidade.

Para a entidade que se ocupa de controlar e certificar o sector ecolóxico en Galicia, a feira permitiu aliñar no mesmo escaparate un amplo abano de produtos: mel, marmeladas, café, froita, algas, carne, embutidos, cervexa, xeados, pan ou viño. Baixo o paraugas do Consello, compartiron estand Camemorcol; Biowak; Jamones González; Mieles Anta; Bubela Artesá; Galuriña; The Bio Factory; Verín Biocoop; Galletas Daveiga; Cafés Saburido (Sabora); Celtaverde; Conservas do Támega; Maruxas de Nata; Producto de Aldea; Sovoral; Daiquí; Bodegas Corisca; Euro Andean Trading; Adegas Xangall; Mirabel do Rosal-Alén do Val; e Algamar. 

Co apoio da Consellería de Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), o Craega organizou diferentes actividades como show cooking, obradoiros infantís, catas e mesas redondas. 

Organizada pola Asociación Vida Sana, Biocultura A Coruña logrou reunir a 150 expositores dedicados aos sectores da alimentación bio (con máis de 10.000 referencias), cosmética ecolóxica, moda sostible, casa sa, benestar e artesanía. A vindeira cita será en Barcelona do 7 ao 10 de maio. A feira despediuse cun balance superior aos 11.000 visitantes. 

[rl_gallery id=”3836″]

Aberto o prazo para solicitar as axudas da PAC

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a orde da Consellería de Medio Rural que regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandería e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema Integrado de Xestión e Control (coñecidas como PAC). Os interesados poderán presentar de forma telemática a solicitude única, desde hoxe e ata o vindeiro 30 de abril

O orzamento previsto para esta convocatoria elévase aos 216 millóns de euros, dos cales 170 millóns corresponden aos pagamentos directos da PAC e máis de 46 millóns de euros a medidas de desenvolvemento rural (axudas a zonas con limitación naturais, agroambiente e clima, agricultura ecolóxica e para o mantemento de plantacións forestais en terras non agrícolas).

Prevese que uns 27.000 agricultores e gandeiros soliciten estas achegas, que xestiona o Fondo Galego de Garantía Agraria e que son de gran interese para o sector primario.

A Consellería do Medio Rural traballa con máis de 50 entidades colaboradoras para prestar apoio ás persoas interesadas nestas achegas, como son as entidades bancarias, asociacións agrarias, organizacións profesionais e as entidades de aconsellamento.

ENLACE AXUDA: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200218/AnuncioG0426-120220-0001_gl.html

PRAZO: 30/04/2020 

O Craega aterra en BioCultura A Coruña en plena eclosión da agricultura ecolóxica

Participantes na primeira edición de BioCultura A Coruña 2018. Foto: Biocultura

O eco galego chega á segunda edición de BioCultura A Coruña en plena eclosión do sector. O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) é líder español en leite, carne avícola e acuicultura. A entidade certificadora na comunidade aterra na feira bio máis importante do Estado cunha elevada participación. Durante tres días, 21 operadores achegarán as súas propostas a profesionais e público xeral no stand agrupado do Craega. Así mesmo, o Consello terá especial protagonismo no programa de actividades e da súa man celebraranse catas, degustacións, obradoiros ou mesas redondas. 

A feira abre as súas portas o vindeiro venres 28 de febreiro en EXPOCoruña (de 10 a 20 h.) con 150 expositores e unha previsión de asistencia de 13.000 persoas. O sábado 29 poderase visitar no mesmo horario e o domingo 1, de 10 a 19 h. O Craega terá un papel de peso. Baixo o seu paraugas, expoñerán os seus produtos 21 inscritos con diferentes liñas de produto: Camemorcol; Biowak; Jamones González; Mieles Anta; Bubela Artesá; Galuriña; The Bio Factory; Verín Biocoop; Galletas Daveiga; Cafés Saburido (Sabora); Celtaverde; Conservas do Támega; Maruxas de Nata; Producto de Aldea; Sovoral; Daiquí; Bodegas Corisca; Euro Andean Trading; Adegas Xangall; Mirabel do Rosal-Alén do Val; e Algamar. 

O Consello tamén participa na feira co obxectivo de arroupar a todas as empresas certificadas e por iso habilitará un punto propio de información para explicar aos asistentes todo o que precisen sobre a agricultura ecolóxica. En 2018, a entidade pechou a súa memoria cun balance récord e rexistrou os mellores datos desde que botou a andar en 1997: 1.152 operadores, 33,736,44 hectáreas e 78,7 millóns de euros en volume de ventas certificadas. 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES. O Craega tamén cobra un protagonismo especial na axenda de actividades. En colaboración coa Asociación Vida Sana e a Xunta, pon o seu gran de area na programación con propostas para todos os públicos. Para comezar  e xunto con Intereco, o Consello impartirá un obradoiro de etiquetado dirixido a consumidores (venres 28, 12.30 h). Ademais de explicar como se identifican os alimentos ecolóxicos, haberá unha pequena degustación cunha ampla gama de produtos certificados.

O chef monfortino Martín Mantilla poñerase detrás fogóns para dirixir un show cooking sobre cociña tradicional e produtos ecolóxicos. Haberá varias sesións: venres 28 (14 h e 17.30 h); sábado 29 (13 h e 16 h) e domingo 1 (13 h e 16 h). Outro dos pratos fortes será a cata sensorial de viños ecolóxicos (venres 28, 16 h). Intervirán Natalia Rodríguez, de Bodegas Corisca; e Luis Buitrón, presidente da Asociación Galega de Enólogos (AGE).  

O domingo 1 están previstas dúas mesas redondas. Baixo o título  Mulleres eco-emprendedoras,  a primeira actividade (12 h) poñerá o foco nas producións do rural e contará coa participación de Begoña Troncoso Fernández (Adegas Xangall); Concha Blanco (gandeira de vacún de leite ecolóxico e membro do Sindicato Labrego Galego); Jessica Rey (responsable de Marketing de Casa Grande de Xanceda) e Rocío Freire (vicepresidenta do Craega). Dedicada ás producións do mar, na segunda mesa redonda (13 h) estarán Carmen Sánchez (Galuriña, empanadas de algas); Cristina García (Algas La Patrona); Marta Villaverde (subdirectora xeral de Pesca e Mercados da Pesca da Consellería do Mar); e Dolores Paz Pérez (produtora de mexillón ecolóxico e socia fundadora de Dime Salnés). 

Ese mesmo día (11 h), Dolores Raigón, vicepresidenta da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica (SEAE), presentará o documento Evidencias Científicas sobre a Produción Ecolóxica

O público infantil dispón tamén dun espazo propio. Para que os cativos aprendan os conceptos básicos da agricultura ecolóxica, celebraranse varios obradoiros de cociña, horta e queixo ecolóxicos, entre outros. O venres será a quenda dos grupos escolares, e o sábado e o domingo haberá sesións cada media hora. 

A Consellería de Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), financia as actividades de promoción do Craega en BioCultura A Coruña. Co seu apoio, a Asociación Vida Sana organiza a segunda edición desta feira na cidade herculina, un evento no que tamén conta co respaldo da Deputación e o Concello. 

CONSULTAR PROGRAMA COMPLETO

DESCARGAR NOTA DE PRENSA