Todolos artigos de: CRAEGA

Video-resumo sobre a certificación e o traballo dos produtores e empresas certificadas polo Craega

Agora que estamos a piques de pechar o curso, no Craega botamos a vista atrás e facemos un balance máis que positivo de este ano académico: medramos en volume, en clientes, en facturación… e así seguiremos! Para celebralo, compartimos con vós este vídeo no que vos amosamos o gran traballo que fan os produtores,empresas certificadas e o traballo que se realiza desde o Consello.

A PRODUCIÓN #ECO CERTIFICADA EN GALICIA |CRAEGA

#EnVídeo? | Agora que estamos a piques de pechar o curso, no #Craega botamos a vista atrás e facemos un balance máis que positivo de este ano académico: medramos en volume, en clientes, en facturación… e así seguiremos! Para celebralo, compartimos con vós este vídeo no que vos amosamos o gran traballo que fan os nosos operadores. Que vos guste!

Publiée par Craega – Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia sur mercredi 20 juin 2018

 

Xornada de produción, comercialización e distribución de produtos hortofrutícolas

Onte celebrouse unha xornada de produción, comercialización, e distribución de produtos hortofrutícolas na sede do Craega, en Monforte de Lemos.

O presidente do Craega, Francisco López Valladares, inaugurou unha xornada na que empresas de distribución, cooperativas agrarias, a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA) e a Administración, compartiron as súas experiencias e abordaron temas como: a situación da distribución dos produtos hortofrutícolas en Galicia, posibles formas de impulsar o sector, a asociación ou agrupación para a comercialización, e o balance das accións promocionais e apoios dispoñibles por parte da administración, entre outras cousas.

Os produtores asistentes tiveron a ocasión de compartir as súas impresións, ampliar coñecemento e abrir novas vías de comercialización. Unha xornada cualificada como moi proveitosa segundo o público asistente.

Xa temos colexios gañadores no concurso “ Fai Eco do Lóxico”

A primeira edición do concurso Fai Eco do Lóxico, dirixido ós centros participantes no Plan Proxecta > Aliméntate Ben > Modalidade Fai Eco do Lóxico, xa ten gañadores!

Os proxectos presentados son o resultado dunha gran labor realizada por alumnos e profesores durante o curso, onde se abordan as actividades desenvolvidas dentro da modalidade, que ten como obxectivo concienciar a través do coñecemento dos beneficios dos produtos ecolóxico, para a natureza e para nós, e fomentar una alimentación saudable.

Con esta iniciativa apoiamos a educación en alimentación e no coidado do noso entorno, o cal que é moi importante preservar.

Os centros crearon ecohortos, prepararon unhas saudables e ricas ecoreceitas, deron degustacións, aprenderon o etiquetaxe que diferencia estes produtos, traballaron nalgúns casos con as súas familias, e divertíronse. Todas estas actividades as podedes ver a continuación.

Parabéns polo excelente traballo de tódolos participantes!

Os colexios gañadores foron:

  1. CEIP Plurilingüe de Lousada. Eco documental
  2. CEIP Padre Crespo: Somos o que comemos
  3. CEIP Rubiáns: O horto de sabela
  4. CEIP Ramón Mª del Valle Inclán: O Ecolóxico do aquén e do aquel

Podes ver os proxectos premendo no seu título.

Presentase o Plan estratéxico de produción ecolóxica coincidindo có 21 aniversario do Craega. O plan impulsara con 50 millóns de euros á investigación, ó desenvolvemento e á innovación nun dos nichos con maior potencial para o sector primario

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, resaltou hoxe que o Plan estratéxico da produción ecolóxica impulsará, cunha achega de 50 millóns de euros, a investigación, o desenvolvemento e a innovación nun dos nichos de mercado con maior potencial para o sector primario. “En total 50 millóns de euros, nos próximos cinco anos, para apoiar a produción ecolóxica, a elaboración e transformación, para a comercialización e a promoción, para fomentar estudos de investigación e para impulsar a vertebración e organización do sector ecolóxico”, aseverou.

Durante a presentación desta iniciativa, Feijóo aseverou que esta folla de ruta garantirá o crecemento sustentable a medio e longo prazo, coa previsión de acadar 230 novos contratos ata o ano 2021. Non en van, na actualidade hai un total de 1067 operadores certificados, que engloban tanto os produtores como os elaboradores.

Así mesmo, precisou que o plan aspira a incrementar en 8000 o número de hectáreas de superficie certificada de agricultura ecolóxica, chegando ás 40.000 hectáreas.

O presidente da Xunta avogou por seguir traballando conxuntamente para captar novos produtores e ampliar o seu coñecemento, fomentar a cooperación e o asociacionismo e incrementar as axudas para os custos de certificación.

En relación á comercialización destacou que o Plan estratéxico da produción ecolóxica ten como obxectivo a creación dunha plataforma en liña de compra e venda de materias primas para apoiar os operadores na cadea de distribución de produtos; internacionalizar e ampliar o coñecemento técnico a través de programas formativos específicos. E, no que respecta aos consumidores, o documento recolle o fin de promover o coñecemento dos produtos ecolóxicos entre os consumidores mediante a súa promoción no mercado interno.

Ao longo da súa intervención, Feijóo incidiu en que a produción ecolóxica xa non é unha moda pasaxeira nin minoritaria, como proban os datos presentados polo sector o pasado ano, ao longo do cal, os produtos ecolóxicos alcanzaron un volume de vendas de máis de 59 millóns, un 41,5% máis que en 2016.

Nesta mesma liña, cómpre subliñar, a modo de exemplo, que o prezo do leite de produción ecolóxica é un 40% superior o prezo do leite de produción estándar; e a superficie dedicada a agricultura ecolóxica incrementouse, entre 2015 e 2017, en máis dun 50%, pasando de 20.300 a 32.000 hectáreas.

A comunidade galega é a primeira en explotacións de leite ecolóxico e ocupa o primeiro posto en cabezas de aves de curral de cría ecolóxica e o segundo en produción de ovos deste tipo; ademais de destacar na produción de mexillón ecolóxico.

“Contamos tamén con 20 industrias dedicadas á elaboración de produtos lácteos ecolóxicos; e con 67 industrias de produción de carne ecolóxica, ocupando o terceiro posto no ranking estatal”, precisou.

Por último, o presidente da Xunta salientou que este novo plan propón ademais a creación dunha mesa da produción ecolóxica que vertebre a relación do sector coa Administración e incidir no apoio a fixación de poboación no rural galego, unha prioridade na axenda do Goberno galego e na que a produción ecolóxica ten un papel capital.

 

Fonte: http://mediorural.xunta.gal/nc/institucional/comunicacion/nova/nx/nova_estandar30961.html/

O sector ecolóxico en Galicia continua con un crecemento imparable

O volume das vendas de produción ecolóxica incrementouse en máis dun 41% no último ano, alcanzando os 59 millóns de €. O que supón cuadriplicar as vendas nos últimos 8 anos.
O número de operadores chegou a 1067, unha evolución do 13% respecto ao ano anterior. Mentres que a superficie aumentou en máis dun 15% roldando as 32.000 hectáreas.
O pasado 16 de abril na presentación dos datos da agricultura ecolóxica en Galicia do 2017, o presidente do Craega destacou os datos “excepcionais “que “superaron as previsións máis optimistas”. Mentres que a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, anuncio un investimento total de 4.3 millóns de euros nos próximos anos para fomentar estas practicas.
 

 

 

Curso online gratuito sobre o “Manexo do cultivo ecolóxico da mazá”

Unións Agrarias- Upa imparte un curso sobre o cultivo ecolóxico da mazá, dentro do proxecto Rednaman, programa Empleaverde.

O Programa Empleaverde do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente é a iniciativa da Fundación Biodiversidade para o impulso e a mellora do emprego, o emprendemento e o medio ambiente. Está cofinanciadao polo Fondo Social Europeo.

O proxecto Rednaman ten como obxectivo promover a iniciativa empresarial e mellora a empleabilidad no sector produtivo da mazá ecolóxica en zonas Rede Natura

Os cursos son en modalidade a distancia, teñen unha duración de 100 horas e son gratuítos. Os destinatarios son persoas que se atopen en situación de desemprego.

Máis información:

Tel.: 981.530.500
Email: formacion.unions@upa.es
Web: www.unionsagrarias.org

Entrevista a Francisco López Valladares, Presidente do Consello Regulador Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA)

Deixámosvos a entrevista a Francisco López Valladares, Presidente do Consello Regulador Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), realizada pola revista BIOECO ACTUAL. Nela destaca as axudas directas a produtores para promoción e certificación.

Sigue lendo

Entrevista a Francisco López Valladares, presidente do Craega

Entrevista a Francisco López Valladares, Presidente do Consello Regulador Agricultura Ecolóxica de Galicia (C. R.A.E. GA.).

Que produtos ecolóxicos producidos en Galicia destacarías?

Atendendo ao seu volume de certificación, destacariamos os produtos lácteos, produtos cárnicos procedentes de avicultura e vacún, acuicultura e conservas de peixe. Pero para Craega, todos os produtos son igualmente importantes.

Que importancia ten o apoio institucional no crecemento bio en Galicia?

As Consellerías de Medio Rural e de Mar están a envorcarse co sector, tanto con axudas directas a produtores, como para promoción e certificación a través de Craega. Agora mesmo estase traballando no Plan Estratéxico de Agricultura Ecolóxica, que se presentará proximamente.

Que produtos certificados van cara a exportación?

A exportación, tanto a Europa como a outros países, fundamentalmente conservas de peixe, algas, produtos apícolas, viños, sidras e castañas.

O crecemento do 25 % anual é debido á maior concienciación do consumidor?

O crecemento da produción vén dado pola maior demanda de produto. Unha empresa ou produtor non inicia a comercialización dun produto se non ve unha demanda do mesmo por parte do mercado e os consumidores. E neste momento, o consumidor está informado no que a produtos alimentarios refírese, e demanda produtos máis sans e respectuosos co medioambiente.

Consello Regulador: Público ou Privado?

Desde sempre apostamos porque a certificación sexa pública, que non reciba presións por parte dos produtores e que sexa o máis autónoma posible.

Como pode afectar o novo regulamento ecolóxico europeo aos produtores en Galicia?

En principio vai valorar pero non cremos que haxa que facer cambios moi grandes, e en todo caso todos terémonos que adaptar ao mesmo.

20 Aniversario do Craega

O pasado 20 de decembro o Craega reuniu aos operadores certificados en ecolóxico en Palas de Rei, así como a varios representantes da Administración pública, para conmemorar o vixésimo aniversario da entidade. Asistiron ao acto preto de 300 persoas, no cal se fixo referencia ao pasado, pero, sobre todo, púxose o foco nos desafíos para o futuro do sector.

A granxa Arqueixal (complexo ecoagroturístico), situada na parroquia de Albá, Palas de Rei (Lugo), foi o lugar elixido para a celebración, na que estiveron presentes, entre outros, a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez; a directora xeral de Medio Rural, Belén do Campo; a directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez; o delegado do Goberno en Galicia, Ramón Carballo; o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos; e o presidente do Craega, Francisco López.

Durante a cerimonia, o presidente do Craega salientou as excelentes cifras do 2017 “Espérase alcanzar os 50 millóns de euros en facturación” e aproveitou a oportunidade para encomiar o traballo do anterior presidente e dos traballadores do Consello, porque sinalou que “este sector non só beneficia aos consumidores, senón tamén ao medio ambiente”.

O delegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, fixo fincapé nos beneficios destes produtos, que “teñen garantías do futuro, como demostra este aniversario, o cal supón unha excelente oportunidade para reflexionar sobre o labor daqueles que apostan pola agricultura ecolóxica”.

Doutra banda, o presidente da Deputación, Darío Campos, comezou cun discurso a favor do rural: “Creo no rural, defendéndoo como valor diferencial da provincia de Lugo”. Seguidamente, felicitou ao Consello e ratificou o apoio da Deputación para seguir promovendo a agricultura ecolóxica co fin de lograr que sexa o máis produtiva posible.

A rolda de intervencións foi pechada pola conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, quen resaltou o bo estado de saúde do Craega. Vázquez sinalou que “o rural non é unha ONG, é economía”, de aí a necesidade de seguir traballando para ser cada vez máis rendibles. “A mellor herdanza que lle podamos deixar aos nosos fillos é unha boa alimentación”.

Entrevista: BioEcoActual

Biocultura – O movemento “BIO” mundial é un boom imparable

Os datos dos informes sobre o sector da agricultura ecolóxica en todo o planeta son contundentes. Segundo os últimos estudos de FiBL-IFOAM-SOEL, o sector bio e os seus subsectores afíns seguiron un crecemento continuado imparable nos últimos anos e todo indica que vai seguir sendo así.

En Galicia, segundo o comité autonómico, CRAEGA, o sector produtivo ecolóxico crece a un 20/25% anual. Pero o sector necesita que aumente tamén o consumo interno. BioCultura, segundo a súa directora, Anxos Parra, ‘é unha feira que motiva a que a cidadanía cambie os seus hábitos de consumo cara a sustentabilidade, a saúde, a eco-nomía e cara a repartición xusta da riqueza, pois favorece a economía local e salvagárdaa dos ecosistemas autóctonos, o que é unha aposta polo futuro e polas xeracións vindeiras, que tan a miúdo esquecen os intereses cortoplacistas’.

+INFO: AQUÍ