Que é ‘Faite eco do Lóxico’?
É unha modalidade dirixida aos centros educativos, impulsada polo Craega dentro do programa Aliméntate Ben do Plan Proxecta. Ten como obxectivo principal fomentar o consumo de produtos ecolóxicos a través do coñecemento dos seus beneficios para a natureza e para ti.
Como xa sabemos, os produtos ecolóxicos son os que están libres de pesticidas, aditivos sintéticos e non teñen organismos xeneticamente modificados, ademais respectan o medio ambiente. Achegándonos á produción ecolóxica gañamos todos.
Que é o programa Aliméntate Ben?
É un programa que traballa para fomentar a alimentación saudable favorecendo o coñecemento da contorna a través das experiencias sensoriais, a familiaridade e o coñecemento dos alimentos que compoñen o noso patrimonio alimentario, así como o fomento das eleccións alimentarias saudables a través da educación como consumidores responsables.
Qué é o Plan Proxecta?
É unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.
Amplía información sobre o programa premendo aquí.
- http://www.mapama.gob.es/es/alimentacion/temas/la-agricultura-ecologica/
- https://ec.europa.eu/agriculture/organic/kids-corner_es