Video-resumo sobre a certificación e o traballo dos produtores e empresas certificadas polo Craega

Agora que estamos a piques de pechar o curso, no Craega botamos a vista atrás e facemos un balance máis que positivo de este ano académico: medramos en volume, en clientes, en facturación… e así seguiremos! Para celebralo, compartimos con vós este vídeo no que vos amosamos o gran traballo que fan os produtores,empresas certificadas e o traballo que se realiza desde o Consello.

A PRODUCIÓN #ECO CERTIFICADA EN GALICIA |CRAEGA

#EnVídeo🎥 | Agora que estamos a piques de pechar o curso, no #Craega botamos a vista atrás e facemos un balance máis que positivo de este ano académico: medramos en volume, en clientes, en facturación… e así seguiremos! Para celebralo, compartimos con vós este vídeo no que vos amosamos o gran traballo que fan os nosos operadores. Que vos guste!

Publiée par Craega – Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia sur mercredi 20 juin 2018

 

Xornada de produción, comercialización e distribución de produtos hortofrutícolas

Onte celebrouse unha xornada de produción, comercialización, e distribución de produtos hortofrutícolas na sede do Craega, en Monforte de Lemos.

O presidente do Craega, Francisco López Valladares, inaugurou unha xornada na que empresas de distribución, cooperativas agrarias, a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA) e a Administración, compartiron as súas experiencias e abordaron temas como: a situación da distribución dos produtos hortofrutícolas en Galicia, posibles formas de impulsar o sector, a asociación ou agrupación para a comercialización, e o balance das accións promocionais e apoios dispoñibles por parte da administración, entre outras cousas.

Os produtores asistentes tiveron a ocasión de compartir as súas impresións, ampliar coñecemento e abrir novas vías de comercialización. Unha xornada cualificada como moi proveitosa segundo o público asistente.

Xa temos colexios gañadores no concurso “ Fai Eco do Lóxico”

A primeira edición do concurso Fai Eco do Lóxico, dirixido ós centros participantes no Plan Proxecta > Aliméntate Ben > Modalidade Fai Eco do Lóxico, xa ten gañadores!

Os proxectos presentados son o resultado dunha gran labor realizada por alumnos e profesores durante o curso, onde se abordan as actividades desenvolvidas dentro da modalidade, que ten como obxectivo concienciar a través do coñecemento dos beneficios dos produtos ecolóxico, para a natureza e para nós, e fomentar una alimentación saudable.

Con esta iniciativa apoiamos a educación en alimentación e no coidado do noso entorno, o cal que é moi importante preservar.

Os centros crearon ecohortos, prepararon unhas saudables e ricas ecoreceitas, deron degustacións, aprenderon o etiquetaxe que diferencia estes produtos, traballaron nalgúns casos con as súas familias, e divertíronse. Todas estas actividades as podedes ver a continuación.

Parabéns polo excelente traballo de tódolos participantes!

Os colexios gañadores foron:

  1. CEIP Plurilingüe de Lousada. Eco documental
  2. CEIP Padre Crespo: Somos o que comemos
  3. CEIP Rubiáns: O horto de sabela
  4. CEIP Ramón Mª del Valle Inclán: O Ecolóxico do aquén e do aquel

Podes ver os proxectos premendo no seu título.