marzo
A AGRICULTURA ECOLÓXICA PROTAGONIZA O FÓRUM GASTRONÓMICO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
A AGRICULTURA ECOLÓXICA PROTAGONIZA O FÓRUM GASTRONÓMICO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 12 empresas inscritas no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia estiveron presentes, mostrando a súa oferta, nesta Edición do Fórum Gastronómico
03 de marzo de 2010
Alimentos Amorodo, Arqueixal, Casa Grande de Xanceda, Leite Cru O Alle, Lasurgal, Conservas Hermanos Pita, Terra de Baronceli, Verín Biocoop, Galletas Da Veiga, Mieles Anta, Portomuiños e Aceites Abril presentaron os seus produtos ecolóxicos.
As empresas valoraron moi positivamente a presenza no Forum Gastronómico. Destacaron a boa acollida dos seus produtos entre os profesionais da restauración.
Todas elas mantiveron contactos comerciais con distribuidores europeos.
ACTIVIDADES PROTAGONIZADAS POLO CRAEGA
TALLERES ECO-GASTRONÓMICOS
• Os pequenos eco-chefs abarrotaron os talleres organizados polo CRAEGA
• A revolución gastronómica chegou aos máis pequenos da man do CRAEGA.
Mediante a organización destes talleres o CRAEGA inculca aos nosos pequenos hábitos de vida saúdables.
Os nenos aprenderon sobre a orixe dos produtos, o xeito de cociñalos, os tipos de dietas,..
Os nenos, de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos, manexáronse ás mil marabillas, axudados polas monitoras do CRAEGA, coas receitas e elaboraron os pratos de xeito maxistral
A COCIÑAR!!!!!
Unha maneira eficaz de estimular aos nenos a consumir mis alimentos sans é animar á súa participación en actividades relacionadas coa preparación deses alimentos.
Os nenos coñeceron de primeira man, as experiencias dos operadores de agricultura ecolóxica.
Eladio Pazos (Panadería Divina de Santiago de Compostela) produtor de pan ecolóxico, mostrou aos máis pequenos como se elabora a masa para pizza ecolóxica. Os eco-chefs, rodillo en man, fixeron unhas deliciosas eco-pizzas seguindo atentamente as instruccións de Eladio.
Carne, bonito, setas, pementos, tomate frito,… foron algúns dos ingredientes que podían empregar para facer as pizzas.
Un dos pratos que chamou a atención dos pequenos foi o cocodrilo feroz (Kiwi) no río de vainilla. Na elaboración deste prato, puidemos descubrir a máis de un artista..
Diversos gandeiros e produtores de leite explicáronlle aos nenos as bondades leite ecolóxico, dirixindo unha cata de leite que entusiasmou a todos.
COCIÑA EN VIVO
O luns 22 de febreiro ás 13:00 horas o CRAEGA organizou a: “Cociña en vivo con alimentos ecolóxicos”.
Héctor López e a responsable de comunicación do CRAEGA, Chus Garza, protagonizaron unha charla-show cooking, na que o afamado chef elaborou receitas en vivo utilizando para elo ingredientes procedentes da agricultura ecolóxica.
Os asistentes a esta actividade poderán observar, charlar, preguntar, mentres degustan as suculentas creacións do cociñeiro.
Carpaccio de tenreira sobre galleta mariñeira, ensalada de fabas e bonito, sardiñas en aceite de oliva con “crujiente” de pan de centeno, foron algunhas das creación de Héctor López, creacións que fixeron as delicias dos asistentes a esta actividade.
OBRADOIROS
O binomio perfecto: a mellor carne nas mellores mans
Espazo que o Fórum Gastronómico reserva aos congresistas para que aprendan en directo e gocen degustando as creacións culinarias ou os produtos obxecto de exposición.
O martes 23 de febreiro na sala Cunqueiro ás 16.00 horas o chef Héctor López (Restaurante España) e o produtor ecolóxico Jose Luis Vaz (xerente da cooperativa Verín Biocoop), cociñaron a catro mans a mellor carne, carne ecolóxica.
Como non podía ser doutra maneira, José Luis Vaz conseguiu entusiasmar e arrancar os aplausos dos preto de 100 asistentes ao obradoiro.
O xerente de Verín Biocoop falou das características da carne de tenreira ecolóxica, máis concretamente, da procedente de razas autóctonas en perigro de extinción.
O público presente aprendeu a distinguir os distintos tipos de carne de tenreira e puido probar as deliciosas elaboracións de Héctor López.



