Inicio / Noticias / Noticia

decembro

Agricultura ecolóxica europea: aberto o prazo de votación por un dos tres logos finalistas

O pasado 6 de xullo finalizou o prazo de recepción dos deseños do novo logo para a agricultura ecolóxica europea, no que poideron participar todos os creativos residentes no antiguo continente.

11 de decembro de 2009

Ata o 31 de xaneiro de 2010, a Comisión invita a todos os europeos a emitir o seu voto electrónico na fase final do concurso para escoller o logotipo ecolóxico da UE, que será obrigatorio en todos os alimentos ecolóxicos.
Deseño
O deseño do logotipo, obrigatoriamente tiña que ser tanto fácil de recordar como relacionado coa agricultura ecolóxica, e tamén tiña que evitar recurrir a palabras ou letras.
O logotipo elixido aparecerá en todos os produtos ecolóxicos preenvasados procedentes dos 27 Estados membros que
se axustan ás normas relativas ao etiquetado.
A comisaria Mariann Fischer Boel, encargada da carteira de Agricultura e Desenvolvemento Rural, declarou que a Comisión Europea desexa asegurarse de que o logotipo chame a atención dun número máximo de persoas, polo que se decidiu pola votación en liña.
Este tipo de proxecto contribúe a que o procedemento de de selección, que está aberto a todos, ademais de ao obxectivo máis amplio de sensibilización ao público acerca da importancia da agricultura ecolóxica.
Para coñecer os logos finalistas e votar, pódese facer nesta páxina web:
www.ec.europa.eu/organic-logo