novembro
I CONGRESO DE APICULTURA ECOLÓXICA DE GALICIA
O CRAEGA organizou o I Congreso de apicultura ecolóxica de Galicia que tivo lugar o pasado 31 de outubro en Monforte de Lemos.
05 de novembro de 2009
O Congreso sobre apicultura ecolóxica foi inaugurado por Alejandra Álvarez de Mon Rego, Directora Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais e na clausura estivo presente a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias.
Entre os asistentes abundaban os produtores de mel inscritos no CRAEGA. Tamén había produtores inscritos no Consello Regulador da IXP Mel de Galicia profesores universitarios e varios integrantes dunha asociación de apicultores portugueses.
O Presidente do CRAEGA, José Antonio Fernández, valorou moi positivamente o contido dos relatorios, xa que serviron para proporcionar información útil sobre aspectos relativos á produción, comercialización e condicionantes técnicos para o sector apícola.
Os relatores foron Esther Ordóñez, Ppresidenta do Consello Regulador da IXP Mel de Galicia, o apicultor e investigador arxentino Martín Braunstein, o xerente de Mieles Anta, David Corral, o secretario da cooperativa Cauru, Antonio Neira, o apicultor e veterinario zaragozano Alfredo Sanz, e o investigador da Universidade de Santiago de Compostela Xesús Feás.


