Inicio / Noticias / Noticia

novembro

ÉXITO DA SEGUNDA EDICIÓN DA MOSTRA AGROECOLÓXICA TERRA SACRA

O pasado 31 de outubro celebrouse en Monforte de Lemos a “II Mostra Agroecolóxica Terra Sacra”.

05 de novembro de 2009

Esta vez foi a rúa Cardenal o lugar elixido para situar aos 16 expositores de produtos ecolóxicos amparados polo CRAEGA.
Ao igual que pasou na anterior edición celebrada no mes de maio de 2008, houbo unha grande afluencia de público interesado en obter información e mercar alimentos ecolóxicos.

A Mostra abriu as portas ás once da mañá e pouco despois, todos os postos estaban repletos de público.
A Mostra foi inaugurada polo Alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, pola Diputada provincial María Xosé Vega e pola responsable de comunicación do CRAEGA, Chus Garza.
A Mostra contou coa presenza da Directora Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais Alejandra Álvarez de Mon Rego que, acompañada polo Presidente do CRAEGA e José Mouriño, xefe provincial do servizo de Industrialización e Promoción Agroalimentaria percorreron todos os postos da Mostra.
../IMGnoticias/inauguracion mostra.jpg
../IMGnoticias/autoridades mostra.jpg