agosto
O PLENO DO CRAEGA APROBOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CO COMERCIO POLO MIÚDO DE ALIMENTACIÓN.
O CONSELLO REGULADOR DA AGRICULTURA ECOLÓXICA DE GALICIA PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DOS ALIMENTOS ECOLÓXICOS EN COMERCIOS POLO MÍUDO. O PLENO DO CRAEGA APROBOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CO COMERCIO POLO MIÚDO DE ALIMENTACIÓN.
28 de agosto de 2009
O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia afronta unha etapa de consolidación como órgano certificador dunha produción agrícola e gandeira en continua expansión e ao mesmo tempo, con grandes necesidades en canto a difusión e coñecemento de cara ao consumidor. A promoción dende o Consello destas producións e das súas características diferenciais, das funcións e do funcionamento do C.R.A.E.GA como garantía de cumprimento da normativa vixente e da correcta identificación por parte do consumidor final destes produtos alimentarios, compoñen unha liña de obxectivos inmediatos en busca desta clara consolidación da agricultura ecolóxica dentro do sector alimentario.
Accións en comercios polo miúdo de venda de alimentos de produción ecolóxica.
A crecente demanda de produtos ecolóxicos polos consumidores e o aumento de puntos de venda destes produtos fai necesaria regulación de dita venta como medida que sirva de garantía ante o consumidor e ante a produción ecolóxica en xeral.
Obxectivos
Esta campaña pretende normalizar a presenza dos alimentos ecolóxicos entre os consumidores galegos, facendo fincapé nalgúns dos valores asociados aos mesmos, como a súa calidade, o sabor e o respecto ao medio ambiente.
En definitiva, con esta campaña de información e promoción de produtos procedentes da agricultura ecolóxica o CRAEGA quere extender o coñecemento destes alimentos entre a poboación galega e fomentar o seu consumo para estimular a demanda interna.
ESTABLECEMENTOS RECOMENDADOS POLO CRAEGA
Os establecementos recomendados polo CRAEGA son establecementos polo miúdo que ofrecen aos consumidores alimentos de produción ecolóxica certificada.
Coa sinatura do convenio cos comercios polo miúdo regularase a venda de ditos produtos como medida de garantía ante os consumidores e para favorecer o mellor desenvolvemento de ditos establecementos e da produción ecolóxica en xeral.
¿Cómo se identifican?
Os comercios que cumpran as normas contempladas no Convenio recibirán un cartaz identificativo de establecementos recomendados polo CRAEGA.
Para máis información poden poñerse en contacto co Departamento de Comunicación do CRAEGA a través do correo electrónico craega@craega.es ou no teléfono 982 405 300.
abrir pdf

