xuño
Exitoso fin da campaña “COMER SAN=ECO-LÓXICO
O Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria estivo no acto de presentación do balance da Campaña "Comer San = Eco-Lóxico" organizada polo CRAEGA.
17 de xuño de 2009
Os nenos foron os grandes protagonistas de todo o acto.
Os alumnos do centro CEIP Doctor López Suárezde Escairón chegaron ao restaurante Las Bridas de Lugo ás 10:00 horas.
Unha vez alí, houbo que poñerse o delantal e o gorro e a cociñar!!!!…
O menú estivo listo para que, unha vez rematado o acto de balance da campaña, os asistentes poidera probalo .
Sen dúbida os nenos traballaron moito nos fogóns da cociña do restaurante.
Todos os pratos estaban feitos con ingredientes procedentes da agricultura ecolóxica.
Unha vez listo o menú os nenos serviron, por certo con gran destreza, o os pratos que cociñaron aos asistentes ao acto
O chef do Restaurante España, integrante do Grupo Nove, Héctor López, supervisou e organizou aos nenos na cociña para que todo salira correctamente.
E así foi, os asistente ao acto quedaron encantados cos deliciosos pratos preparados por estes pequenos chfes.
Entre outros cociñaron os seguintes pratos:
• Minihamburguesas de tenreira
• Arroz meloso de verduras
• Dados de polo con sésamo e mel
• “Bolsitas crujientes” de queixo de tetilla e verduritas
• Sopa de iogur con xelatina de mel e frutos roxos
O Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria apoia a agricultura ecolóxica.
O Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Don Jesús Vázquez Abad mostrou o seu apoio á agricultura ecolóxica.
Na súa intervención, que tivo lugar durante o acto de presentación do balance da campaña “Comer San=Eco-lóxico”, destacou a importante labor de promoción que o CRAEGA realizou nos 32 centros nos que estivo presente.
Indicou que os colexios son lugares idóneos para fomentar unha alimentación saúdable.
Rematou a súa intervención manifestando o apoio e colaboración da súa Consellería cara a agricultura ecolóxica e animou ao CRAEGA a seguir por este camiño
Pola súa banda o Presidente do CRAEGA comentou que o balance desta campaña foi moi positivo, xa que os centros nos que se realizou a campaña están encantados coa mesma.
Tamén apuntou que hai varios centros en lista de espera para o vindeiro curso escolar.
Por último Dona Alejandra Álvarez de Mon Rego, Directora Xeral de Innovación e Industrias Agrarias da Consellería do Medio Rural tamén manifesou o apoio da súa Consellería á agricultura ecolóxica.


