Inicio / Noticias / Noticia

xuño

O CRAEGA REMATA A CAMPAÑA "COMER SAN=ECO-LÓXICO"

O CRAEGA remata a Campaña "Comer San=Eco-Lóxico" levada a cabo no curso 2008-2009. O CRAEGA fará o balance desta campaña nun acto organizado no Restaurante Las Bridas en Lugo. O Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria asistirá ao acto.

16 de xuño de 2009

Os nenos serán os grandes protagonistas de todo o acto.
Os alumnos do centro de Escairón chegarán ao restaurante Las Bridas ás 10:00 horas.
Unha vez alí, hai que poñerse o delantal e o gorro e a cociñar!!!!…
O menú ten que estar listo para as 13:00 horas, o que implica que hai que traballar moito nos fogóns da cociña do restaurante.
Todos os pratos están feitos con ingredientes procedentes da agricultura ecolóxica.
Unha vez listo o menú os nenos deberán servir aos asistentes ao acto os pratos que cociñaron e explicar que foi o que fixeron.
Xa empezan a aflorar os nervios entre os pequenos chefs de Escairón, xa que teñen que servir o menú a máis de 40 persoas, entre elas ao Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Don Jesús Vázquez Abad e a Directora Xeral de Innovación e Industrias Agrarias da Consellería do Medio Rural
Pero, baixo a dirección de Héctor López, seguro que todo é un éxito e máis de un neno collerá afición pola cociña.