Inicio / Noticias / Noticia

xuño

Xornadas de Porcino Ecolóxico

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica (C.R.A.E.GA.) organiza as Xornadas de Porcino Ecolóxico, que se levarán a cabo nos días do 1 ó 5 de Xuño de 2009 no Recinto Feiral de Lugo. Estas xornadas están encadradas no Programa de Accións de Formac

01 de xuño de 2009

Estas xornadas desenvolveranse en sesións de tarde de 18:30 a 22:30, tratando a meirande parte das xornadas de temas de especial interese tanto para os gandeiros como para as industrias de transformación de produtos cárnicos. En definitiva, trátase de amosar a posibilidade da produción e comercialización en ecolóxico do sector porcino.

Dentro da temática a desenvolver nestas xornadas, farase especial incidencia sobre os seguintes temas:

•Definición e visión xeral da produción ecolóxica. Normativa europea
•Produción de porco ecolóxico:
• Dende o punto de vista do manexo
• Dende o punto de vista sanitario
•Benestar animal na explotación e no transporte
•Aproveitamento silvopastoril do monte
•Comercialización de produtos ecolóxicos
•Contrato de Explotación Sustentable (CES). Liñas aproveitables

Para máis información sobre a inscrición nas xornadas, e resolución das dúbidas que podan xurdir: Tel. 982405300, Fax 982416530, e-mail: craega@craega.es.