febreiro
PRESENCIA DO CRAEGA NO FORUM GASTRONÓMICO
DESTACADA PRESENZA DO CRAEGA NO FORUM GASTRONÓMICO 2009 CELEBRADO EN GIRONA
24 de febreiro de 2009
O CRAEGA tivo unha destacada presenza no stand institucional da Consellería do Medio Rural, realizando demostracións
culinarias, que nesta ocasión ofrece o programa de catas e degustacións de produtos galegos con indicativo de calidade que baixo o lema 'Degusta Galicia', organizaron as Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e a Consellería do Medio Rural.
Unha presentación da agricultura ecolóxica en Galicia marcou o comezo de dita actividade, na que a responsable de comunicación do CRAEGA protagonizou un diálogo cun afamado chef que elaborou o seguinte menú para a ocasión: Gazpacho de xerminados, tallaríns de Algas salteados con ovo escalfado, estofado de carne de tenreira ao viño tinto con setas e espuma de iogur con mel.

