marzo
COMER SAN= ECO-LÓXICO
Continúa con grande éxito a campaña que organiza o CRAEGA "COMER SAN= ECO-LÓXICO" para difundir as vantaxes dos produtos ecolóxicos en colexios de toda Galicia
09 de marzo de 2009
A campaña "COMER SAN= ECO-LÓXICO", está a ter un éxito sen precedentes nos colexios galegos.
O CRAEGA, colaborando con Voz Natura, acerca a agricultura ecolóxica galega a miles de alumnos.
En cada un dos centros o CRAEGA imparte charlas aos alumnos, como complemento ao material didáctico que se entrega en cada centro, material didáctico que está adaptado a cada grupo de idade.
Durante este curso escolar destaca a presenza nos distintos colexios de Cenoria Ecolóxica, a mascota do CRAEGA, que está a ter unha enorme aceptación entre os máis pequenos.
Preto de trinta centros de toda Galicia xa mostraron interese pola campaña e pola introdución de alimentos ecolóxicos nos menús escolares.
Teléfono de información: 982 405 300

