marzo
A MELLOR APOSTA DA COCIÑA GALEGA DE AUTOR: ALIMENTOS ECOLÓXICOS
Continúa a campaña "A Mellor Aposta da Cociña Galega de Autor: alimentos ecolóxicos" organizada polo CRAEGA nos Restaurantes do Grupo Nove
05 de marzo de 2009
Comezou a última etapa das xornadas de NOVE con CRAEGA nos restaurantes Casa Marcelo en Santiago de Compostela, Domus en A Coruña, España en Lugo, A Rexidora en Ourense e Allo e Aceite en Marín, Pontevedra. Cada un ofrecerá ata o día 15 de marzo un menú degustación elaborado con produtos amparados polo Concello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, poñendo en valor estes alimentos sans, saudables e con excelentes resultados na cociña destes profesionais que representan a vangarda culinaria en Galicia. Avanzamos a composición dos menús, salvo na Casa de Marcelo, que como é habitual continuará ofertando un menú diferente cada día, pero co respaldo de CRAEGA.
No Restaurante Domus: Crema de cogomelos con zamburiñas/ Fabas de Lourenzá con mexillóns/ Risotto de cogomelos silvestre e Tenreira Galega/ Tocinillo de ceo e froitos vermellos
No restaurante A Rexidora: Croquetas de leite cru de cogomelos/ Espaguetis de alga á mariñeira/ Guiso de tenreira con hortalizas da horta/ Tetilla con marmeleiro e froitos secos/ Confeitura de sabugueiro e bica con escuma de leite e mel
No Restaurante Allo e aceite As nosas croquetas: de bacallau e choco na súa tinta/ Ensalada de vieira con crema de cebola e verduras asadas/ Ovo ao punto con cantarellus e xamón/ A elixir: Taco de peixe sapo con refrito de allo e perexil ou Porco celta con salsa de Queixo de Arzúa/ Crema de queixo con xeado de iogur e escuma de piña/ Torrada feita ao forno e xeado de vainilla
No Restaurante España: crema de verduras con espuma de queixo de tetilla, ovo, patacas e xamón, arroz cremoso de cogumelos, o peixe do dia con algas e caramelo de sidra, taco de tenreira con grelos e quinoa, macedonia de froitas con sopa de iogur, espuma de arroz con leite, froitos bermellos e xeado de canela.
http://www.nove.biz

