febreiro
COMER SAN=ECO-LÓXICO
DELICIOSO COMEZO DE CAMPAÑA
12 de febreiro de 2009
O CRAEGA deu comezo á súa campaña "COMER SAN = ECO-LÓXICO".
Esta vez foi no colexio "Hijas de Jesús" de A Coruña.
Os 900 alumnos do centro asitiron ás charlas impartidas por persoal do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.
Os nenos máis pequenos tiveron unha visita moi especial, a de Cenoria Ecolóxica, a mascota do Consello para esta campaña.
Posteriormente os alumnos e profesores do centro tiveron unha degustación de produtos ecolóxicos.
Tanto profesores como alumnos quedaron gratamente sorprendidos ante o sabor e a calidade dos alimentos ecolóxicos que probaron.
http://www.voznatura.com

