Inicio / Noticias / Noticia

xaneiro

A mellor aposta da cociña galega de autor: alimentos ecolóxicos.

O CRAEGA colabora co Grupo Nove para acercar os produtos ecolóxicos ós empresarios de hostalería e ao consumidor final. Esta campaña de promoción dos alimentos ecolóxicos nos restaurantes galegos, celebrarase do 1 de febreiro ó 15 de marzo nos resta

26 de xaneiro de 2009

Grupo Nove
Nove agrupa a 17 cociñeiros galegos comprometidos cunha cociña galega de gran calidade.
Nove está integrado polos grandes nomes da cociña galega do momento: os fundadores do grupo, Javier González (Restaurante A Rexidora), Marcelo Tejedor (Restaurante Casa Marcelo), Pepe Solla (Restaurante Solla), Xosé Torres Cannas (Restaurante Pepe Vieira Camiño da Serpe), Xoán Crujeiras (Restaurante A Estación de Cambre), Miguel Campos (Restaurante A Gabeira), Taky Rodríguez Ponte, Manuel Chaves e Eduardo Pardo (Restaurante Domus), e os que posteriormente se foron incorporando, Héctor López (Restaurante España), Rafael Centeno (Restaurante Maruja y Limón), Gonzalo Rey (Restaurante El Mercadito), Manuel García (Restaurante O Retiro da Costiña), Pablo Romero (Restaurante Allo e Aceite), Yayo Daporta, Antonio Botana (Restaurante Pandemonium) e Beatriz Sotelo (A Estación de Cambre).
Tódolos restaurantes, cada un co seu selo persoal, coidan a materia prima que chega as súas cociñas, ás que aplican coñecementos e técnicas para conseguir texturas, sabores e sensacións excepcionais en cada bocado.
O palmarés do Grupo Nove non pasa desapercibido: reúne a 6 das 8 estrelas Michelín recoñecidas na actualidade en Galicia: A Rexidora, Casa Marcelo, O Retiro da Costiña, Yayo Daporta, Pepe Solla e Pepe Vieira Camiño da Serpe.
GRUPO NOVE – CRAEGA
O rexeitamento, cada vez con máis fundamento, dos alimentos que chegan ós nosos mercados e ás nosas mesas cargados de aditivos, froitas e verduras que foron cultivadas con pesticidas, herbicidas e fertilizantes de síntese, así como as dúbidas acerca dos efectos que poidan ter sobre a nosa saúde carnes que proceden dun tipo de gandaría intensiva que somete ós animais a un ritmo forzado de crecemento e engorde con axudas de produtos artificiais e medicamentos potentes, son factores que, sen dúbida, fan que esperte unha nova conciencia e un gran interese polos alimentos ecolóxicos.

Coa colaboración entre o Grupo Nove e o CRAEGA se pretende sentar as bases de futuras accións conxuntas co obxectivo de crear unha cultura de consumo de produtos ecolóxicos e de incorporar os produtos ecolóxicos galegos á carta dos restaurantes que integran este importante Grupo.

Trátase dunha aposta pioneira e innovadora que quere impulsar unha gastronomía máis san e saudable e respectuosa co medio ambiente do que, non o esquezamos, tamén nós formamos parte.

PRESENTACIÓN AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

• A campaña será presentada polo Conselleiro de Medio Rural: Don Alfredo Suárez Canal

• No acto de presentación cinco dos cociñeiros do Grupo Nove “traballarán nos fogóns” para ofrecer unha exquisita degustación de produtos ecolóxicos galegos.





Se presentará a colaboración entre CRAEGA e Grupo Nove a todos os medios de comunicación.
Data: 26 de xaneiro de 2009
Lugar: Restaurante A Estación
Estrada da Estación, 51. 15660 Cambre (A Coruña)
Hora: 12:30 horas