Cales son as ventaxas da certificación no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia?

A certificación ecolóxica garante que os produtos foron elaborados e producidos segundo as normas da agricultura ecolóxica, e que estiveron controlados en todo o seu proceso, elaboración, envasado e comercialización. Para conseguir a certificación do CRAEGA, o operador debe estar inscrito no rexistro correspondente. Para formalizar esta inscrición, presentarase a preinscrición, xunto co xustificante de pagamento. Unha vez recibida a preinscrición, o CRAEGA enviará a documentación necesaria para a inscrición do operador, documentación consistente en:
  • Normativa aplicable á produción ecolóxica
  • Regulamento de Funcionamento do CRAEGA
  • Solicitude de inscrición nos rexistros correspondentes (produción vexetal, animal, industrias elaboradoras e/ou comercializadoras), e un requirimento de documentación.
Recibida esta documentación no CRAEGA e verificando que sexa correcta, realízase unha visita de control, na que o técnico inspector levantará unha acta e redactará un informe, que se enviará ao Comité de Certificación xunto coa documentación requirida. O Comité de Certificación emitirá un dictame e, no caso de ser favorable, formalizaráse a inscrición nos rexistros do CRAEGA. A Certificación da produción será responsabilidade do Comité de Certificación e da Dirección Técnica. No taboleiro de anuncios do CRAEGA, sito nas nosas instalacións, figura exposto ao público o Procedemento POC-04 para a xestión da inscrición nos rexistros e certificación. Desta forma está dispoñible ao público a documentación detallada do sistema de certificación do CRAEGA.Ademáis, no mesmo taboleiro de anuncios está exposto ao público o Capítulo 9 do Manual de Calidade que se refire a: "recursos, reclamacións e litixios, xunto cos seus formatos correspondentes".

     

CONSELLO REGULADOR DE AGRICULTURA ECOLÓXICA DE GALICIA
Ronda Emilia Casas Bahamonde, s/n (Edificio Multiusos)
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf: 982 405 300 - Fax: 982 416 530
craega@craega.es