Interesantes estudos do MAPAMA sobre o perfil do consumidor de productos ecolóxicos.

Adxuntamos dous. Pódense consultar tamén na web do MAPAMA.

“EVOLUCIÓN DE LA CARACTERIZACIÓN DE LA TIPOLOGÍA Y PERFIL SOCIODEMOGRÁFICO DEL CONSUMIDOR DE ALIMENTOS ECOLÓGICOS EN ESPAÑA" de novembro do 2016. Pódese ver aquí.

CARACTERIZACIÓN DE COMPRADORES DE PRODUCTOS ECOLÓGICOS EN CANAL ESPECIALIZADO de Xulio de 2017. Pódese ver aquí.

As directoras xerais de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias e de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica reuníronse coa organización deste evento á que lle agradeceron este papel destacado para a nosa Comunidade.

As directoras xerais de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, e de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, veñen de reunirse con responsables do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) e os organizadores da Feira de Produtos Ecolóxicos e Consumo Responsable BioCultura, que trasladaron a proposta de que Galicia sexa a Comunidade do Ano na próxima feira que se celebrará en Madrid en novembro. No encontro estiveron presentes o presidente do Craega, José Antonio Fernández, a súa homóloga da asociación Biocultura-Vida Sana, Ángeles Parra, ademais doutros portavoces de ambas institucións.

Belén do Campo agradeceu a invitación e, por suposto, comprometeu a participación de Galicia neste evento que se celebra anualmente en Madrid, Barcelona e Sevilla. A directora xeral entende este feito como a demostración do peso que a nosa Comunidade ten dentro do sector. De feito, resultou elixida precisamente polo aumento de representantes galegos que asistiron á pasada edición. No encontro valorouse tamén a posibilidade de que a comunidade albergue este evento o próximo ano, converténdose así nunha das cinco únicas cidades españolas que acolle esta feira de carácter internacional. A presenza de Galicia no certame costearase coa contribución que anualmente fai a Consellería do Medio Rural para os gastos de funcionamento e promoción do Craega e que ascenden a 28.000 euros. A esta achega hai que sumar outros 85.000 euros que recibiu no 2016 para programas de mellora e control da calidade e da orixe dos produtos agroalimentarios galegos de calidade, ao estar o seu proxecto entre os 16 seleccionados do ano pasado.

Doutra banda, a Consellería do Mar achegará 22.000 euros ao Craega para o apoio as empresas do sector do mar na feira Biocultura de Madrid e para a ampliación do alcance da acreditación ENAC dos produtos da acuicultura e das algas.

A agricultura ecolóxica en Galicia


A agricultura ecolóxica na nosa Comunidade segue unha tendencia positiva dende fai anos. A día de hoxe hai 27.000 hectáreas destinadas a este tipo de cultivos e só no último ano a superficie total certificada polo Craega aumentou case un 36,5% e o volume de negocio creceu por riba do 25%, chegando ata os 41,7 millóns de euros. A nivel xeral, nos últimos anos pasouse de 11 a case mil operadores e os ingresos multiplicáronse por 140 desde 1999.

70.000 asistentes


A feira de produtos ecolóxicos BioCultura é o segundo encontro internacional máis importante de Europa. Celébrase anualmente en Barcelona, Madrid e Sevilla, chegando nas dúas primeiras cidades a ter máis de 70.000 asistentes, e cada dous anos tamén en Valencia e Bilbao, con cerca de 20.000 asistentes. A capital española leva organizando este certame durante máis de 30 anos, e agora pode chegar tamén a Galicia, o que demostra o peso que ten a nosa Comunidade no sector da produción ecolóxica.

Vázquez insta a "unir fuerzas" para fomentar la agricultura ecológica

La Xunta y Carrefour firman un convenio para promocionar estos productos

Fuente "La Opinión A Coruña"

La conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, instó ayer a "unir fuerzas" para promocionar los productos de la agricultura ecológica, un ámbito con "gran futuro" en Galicia. La titular de Medio Rural, acompañada por el vicepresidente autonómico, Alfonso Rueda, firmó ayer en Silleda (Pontevedra) un convenio de colaboración con la multinacional francesa Carrefour y el Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega). Este acuerdo, según el Gobierno gallego, tiene como objetivo la promoción de los productos ecológicos gallegos "de calidad" en los establecimientos comerciales de la firma francesa en Galicia.

El último estudio publicado por Craega revela que la agricultura ecológica en Galicia aumentó en el último año un 25% su volumen de negocio hasta los 41,7 millones de euros y un 36,5% la superficie certificada. Desde el año 1999, cuando este sector apenas tenía presencia en Galicia, la agricultura ecológica multiplicó por 14 sus ingresos.

Articulo

El consello regulador cifra en más de un millar los operadores inscritos en la comunidad, 797 de ellos productores.


A CORUÑA / LA VOZ 08/06/2017 05:00 H
 Con 42 millones de euros de facturación en el último año, un 25,27 % más que a lo largo del 2015, la agricultura ecológica en Galicia continúa encadenando ejercicios positivos, ganando espacio y operadores en la economía verde. Así lo reflejaron ayer José Antonio Fernández y Javier García Lozano, presidente y secretario, respectivamente, del Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega).
 

En la presentación en A Coruña de la memoria anual, Fernández subrayó que España ha pasado a ser el quinto país productor, a nivel mundial, y el décimo en consumo. «Aínda é baixo», dijo antes de valorar que ahora que se cumple el vigésimo aniversario de Craega cabe valorar los avances. «Empezamos de nada e as cifras aumentan todos os anos», recalcó.

Leer Articulo

Xa se publicou a revista do Verán, con interesantes artigos como "O mercado de EE UU", "Biocultura Barcelona", "Compostela Eco", ...

 

     

CONSELLO REGULADOR DE AGRICULTURA ECOLÓXICA DE GALICIA
Ronda Emilia Casas Bahamonde, s/n (Edificio Multiusos)
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf: 982 405 300 - Fax: 982 416 530
craega@craega.es